Folletos e publicacións

Amosámosche: 41 resultados.

Folleto
Monte Aloia.
Parques Naturais de Galicia

Declarado Parque Natural en 1979, o primeiro de Galicia, o Monte Aloia destaca polos 629 metros de altitude do Alto de San Xiao

Folleto
Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.
Parques Naturais de Galicia

O espazo protexido ocupa 1.000  hectáreas  do  municipio de Ribeira. Cunhas    dimensións  espectaculares,  a  duna  móbil,  que se atopa detrás da praia da Ladeira, é a gran protagonista deste lugar. Para protexela, está prohibido camiñar por ela.

Folleto
Fragas do Eume.
Parques Naturais de Galicia

Ven coñecer un dos bosques atlánticos de ribeira mellor conservados de Europa. Nas súas 9.000 hectáreas de extensión viven menos de 500 persoas, o que dá unha idea do estado virxe destes exuberantes bosques que seguen o curso do río Eume.

Folleto
O Invernadeiro.
Parques Naturais de Galicia

Enclavado no Macizo  Central  ourensán, este espazo protexido ocupa 6.000 hectáreas nas que non existen asentamentos humanos na actualidade, pero numerosos elementos de patrimonio etnográfico e industrial dan mostras da vida das xentes que habitaron este lugar.

Folleto
Serra da Enciña da Lastra.
Parques Naturais de Galicia

O seu nome responde a unha grande aciñeira que disque servía como punto de referencia para os viaxeiros que percorrían estas terras na época de dominación romana. Quedarás sorprendido polo seu clima mediterráneo e os seus solos calcarios.

Folleto
Baixa Limia - Serra do Xurés.
Parques Naturais de Galicia

O Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés e mais o Parque Nacional de Peneda-Gerês únense nos límites entre Portugal e Galicia, formando un espazo transfronteirizo único de 267.958 ha de extensión, declarado no ano 2009 Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés.

Folleto
Galicia

Dicían que nas nosas costas remataba o mundo, mais antes de que te perdas no océano Atlántico, que se pensaba infinito, convidámoste a descubrires un universo que che espertará os cinco sentidos.

Folleto
Trens Turísticos de Galicia

Descubre Galicia nos nosos trens turísticos.

Folleto
Galicia Rail Pass
Gozarás da oportunidade de descubrir novas paisaxes, paseando polas vilas e as cidades galegas.
Folleto
Soles Repsol en Galicia.

Soles Repsol en Galicia.

Folleto
Minicruceiros costeros por las Rías de Galicia

Descubrir cos minicruceiros o mellor das Rías Baixas: a súa xeografía, a súa gastronomía e a súa historia. Catro minicruceiros para coñecer desde as vilas mariñeiras ata as Illas Atlánticas pasando pola Ruta da Camelia.

Folleto
A Ruta da Lamprea

A lamprea habita nos ríos galegos desde hai máis de 500 millóns de anos. Coñecida coma "a vampiresa da auga" ou "a raíña do río", a lamprea é un dos primeiros vertebrados dos que hai constancia na Terra.

Folleto
Alta Cociña Galega

Os cociñeiros e os restaurantes de Galicia decidiron que tiñan que optar tamén pola creatividade, a modernidade e a innovación e, asemade, respectar non só esa materia prima extraordinaria, senón tamén a forma de cociñar que aprenderon e herdaron das súas nais, avoas e bisavoas.

Folleto
Galicia Birding

Galicia está situada nun lugar estratéxico, no extremo noroeste da Península Ibérica, a cabalo entre dous mundos diferentes, a rexión atlántica e a mediterránea, o que permite atopar, nun reducido espazo, especies características destas dúas áreas bioxeográficas.

Folleto
Alén das Catedrais

As Catedrais é unha das mellores praias do mundo. Toda a beleza e maxia concéntranse neste monumento natural que ofrece unha imaxe de postal inesquecible

Folleto
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Nesta publicación atoparás un percorrido de 6 experiencias para explorar o Xurés

Folleto
Campings 2017

Guía de campings de Galicia 2017

Folleto
Turismo rural 2017

Mapa e relación de aloxamentos rurais en Galicia 2017

Folleto
Festas de Interese Turístico

Nesta publicación atoparás un percorrido polas festas máis destacadas, de xeito que poidas escoller segundo as túas preferencias.

Folleto
Hoteis 2017

Guía de hoteis en Galicia 2017

Folleto
Establecementos de Calidade Turística 2016

Calidade Turística é a marca baixo a cal se ampara o conxunto de produtos e servizos turísticos, que aseguran estar a traballar na mellora continua dos mesmos co obxecto de compracer as expectativas dos seus clientes.

Folleto
As Estrelas Michelín en Galicia 2017

13 estrelas, 12 restaurantes de Galicia e 1 en Madrid que amosan con orgullo unha distinción que celebra o seu talento culinario e que os anima a seguir polo camiño da excelencia.

Folleto
Centro BTT Serra do Xurés

O Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés dálle nome a este Centro BTT, que ofrece un total de seis rutas, cinco delas polo concello de Muíños e a sexta compartida co concello de Lobios.

Folleto
Centro BTT Portas de Galicia

Explora o contorno de Portas de Galicia en BTT atravesando a súas montañas redondeadas e profundos vales para descubrir os encoros das Portas e O Vao.

Folleto
Centro BTT O Salnés

O Centro BTT O Salnés ofrece 10 rutas para todos os niveis aínda que se destacan os itinerarios esixentes ao redor do Monte Castrove.

Folleto
Faros e praias salvaxes

Marea tras marea, vaise moldeando a costa galega dando lugar a praias salvaxes, de ría e de mar aberto, areais in nitos ideais para percorrer coa salgada airexa mariña acariñando o rostro, sentindo a area húmida baixo os pés.

Folleto
Sendas para descubrir un país

Dende a costa ata os máis recónditos e frondosos bosques, Galicia agocha lugares prodixiosos que, descubertos a pé, nos permiten coñecer a súa gran riqueza paisaxística e o seu legado cultural e patrimonial.

Folleto
Xeodestinos

Descubrímosche Galicia da maneira máis natural, unha visión posta ao día dos espazos turísticos: os xeodestinos. Desde a Mariña Lucense ás Rías Baixas, desde Terras de Santiago ao Ribeiro, 14 espazos delimitados dun xeito natural pola súa historia e as súas singularidades.

Folleto
Santuarios Máxicos

Descubride lugares verdadeiramente máxicos tanto pola súa privilexiada situación coma polos ritos que os envolve. É esta unha clara invitación a purificar a vosa alma, a afastarvos da vida cotiá e a somerxervos nun mundo de misterio, pero sobre todo de paz.

Folleto
Ruta da Camelia

Propoñémosvos varias rutas por algúns dos xardíns máis espectaculares de Galicia. Deterémonos nos fascinantes espazos verdes que albergan os pazos máis singulares das provincias da Coruña e Pontevedra.

Folleto
Patrimonio Oculto

Coñecer o Patrimonio Oculto de Galicia é a mellor maneira de achegarse ao segredo que tan celosamente esta terra garda.

Folleto
Paseando entre viñedos

Descobre os segredos dos viños galegos paseando entre viñedos en escarpadas ladeiras
ou á beira do mar; percorrendo as súas adegas, as máis vangardistas, as máis señoriais
e tamén as de maior tradición familiar.

Folleto
Golf en Galicia

Golf en Galicia ... e moito máis, define perfectamente a nosa oferta turística de golf, onde a viaxe vai moito máis alá da mera práctica deportiva.

Folleto
Mananciais de Galicia

Ofrecémosvos experiencias turísticas termais para vivir Galicia dunha maneira diferente, a través da auga, conxugando o mellor da nosa terra co descanso en balnearios e talasos.

Folleto
Camiño de Santiago

O Camiño de Santiago é a ruta de peregrinación máis antiga de Europa e a máis concorrida. Propoñémosvos sete experiencias diferentes e únicas polos sete itinerarios históricos que conforman o Camiño.

Folleto
Bosques de Galicia

Eliximos os mellores itinerarios e as máis frondosas masas boscosas de Galicia. E aquí amosámosllas. Para non perder Galicia..., para non perderse en Galicia.

Folleto
Aloxamentos accesibles

Desde Galicia queremos posibilitar o goce da nosa terra a todos os que o desexen, sen barreiras.

Folleto
Espazos naturais de Galicia

Son exactamente 29.574 km2 de terra galega no confín de Europa. Non diga que Galicia é pequena antes de percorrela.

Folleto
Top ten dez lugares únicos

Presentámosvos unha selección de Dez Lugares Únicos desta terra que de seguro non vos han deixar indiferentes e que, sen dúbida, encarnan a esencia de Galicia.

Folleto
Turismo mariñeiro

O turismo mariñeiro brinda ao visitante experiencias irrepetibles e sensacións moi intensas. Acompañar aos profesionais do mar nunha xornada de pesca e logo cociñar as nosas propias capturas.

Folleto
Rías Galegas

O trazo máis singular da costa de Galicia é a presenza das rías. Trátase de brazos de mar que se introducen no continente creando un litoral recortado.

Arriba