Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Visita estes... destinos > Cidades > Pontevedra > Engadir á "Miña viaxe"

Cidade de Pontevedra

"Pontevedra dá de beber a quen pasa" é un dito galego que expresa moi ben a esencia desta cidade: a hospitalidade.

Esta tradición de acollida, reflíctese na Virxe Peregrina, emblema do camiño portugués a Compostela e patroa da cidade, honrada polos pontevedreses cunha curiosa igrexa, monumento nacional, coa planta en forma de vieira!

En Pontevedra todo está a un paso. E hai tanto que ver... Tesouros de verdade, como a colección de ourivaría en ouro do Museo de Pontevedra, única en Europa, con xoias espléndidas de máis de 4.000 anos de antigüidade. E outras xoias máis, a Basílica de Santa María, as Ruínas de Santo Domingo e a Igrexa de San Bartolomeu.

Pero aínda hai máis. Parques, alamedas, paseos polo río en plena cidade e un centro histórico que despois do de Santiago, é o máis importante de Galicia. Arquitectura en pedra con casas brasonadas e habitadas, fontes e xardíns, prazas que rebordan vida e terrazas con ambiente ata a madrugada.

Isto é vida. En Pontevedra xa non se dorme. 

Ampliar
  • Basílica de Santa María A Maior

    Basílica de Santa María A Maior

    S. XVI. Fachada principal plateresca, cunha curiosa figura de San Xerónimo con anteollos. Ábsida de estilo isabelino. Monumento Nacional.

  • Convento de Santa Clara

    Convento de Santa Clara

    Igrexa do s. XVI con ábsida poligonal. Ricos altares barrocos.

  • Igrexa de San Bartolomeu

    Igrexa de San Bartolomeu

    Barroca do s. XVII. Antiga igrexa da orde dos xesuítas. No seu interior conserva unha escultura da Virxe Magdalena, obra de Gregorio Fernández.

  • Igrexa de San Francisco

    Igrexa de San Francisco

    Iniciada no s. XIII, aínda que a obra é no fundamental do s. XIV. Interesantes sepulcros medievais e pinturas murais dos s. XVI e XVII no interior. Monumento Nacional.

  • Museo de Pontevedra

    Museo de Pontevedra

    A sede principal constitúena dous pazos urbanos do s. XVIII. Fundado en 1927 é unha referencia fundamental no panorama museístico galego.

  • Parador

    Parador

    Edificio construído entre os s. XVI e XVIII. Tamén coñecido como Casa do Barón de Casa Goda ou Pazo de Maceda. Portada neoclásica e fermosa escaleira.

  • Pazo de Mugartegui

    Pazo de Mugartegui

    Na Praza da Pedreira. S. XVII e XVIII, exemplo característico da arquitectura urbana barroca galega. Alberga o Consello Regulador do viño da Denominación de Orixe Rías Baixas.

     

     

  • Ruínas de Santo Domingo

    Ruínas de Santo Domingo

    Templo comezado a finais do XIII. Consérvase a cabeceira da igrexa (s. XIV). Alberga parte da sección lapidar do Museo de Pontevedra. Monumento nacional.

  • Santuario da Virxe da Peregrina

    Santuario da Virxe da Peregrina

    Igrexa tardobarroca, iniciada en 1778. Altares neoclásicos. Planta en forma de vieira, evocación peregrina polo paso do Camiño Portugués a Santiago. Fachada curva. Monumento nacional. É a patroa da cidade.

Non deixes de ver...

Destacado

  • Illa das Esculturas

O visitante de Pontevedra non debe abandonar a cidade sen pasear pola ribeira do Lérez, recuperada moi acertadamente para o lecer da cidade, pois ofrece ao camiñante un encanto moi evocador, con currunchos moi agradables e que mesmo parecen sacados dun conto.

Na ribeira Norte aparecen os mellores lugares para pasar un momento agradable, e entre eles cómpre recomendar encarecidamente a Illa das Esculturas, na que se pode gozar dun paseo que combina natureza e cultura. Nesta Illa fluvial de 7 hectáreas pódese admirar un variado repertorio de obras escultóricas de grande tamaño de reputados artistas galegos e foráneos ao mesmo tempo que se pasea por un espazo natural de gran valor ecolóxico.

 

Axenda cultural...

Ría e Terras de Pontevedra

XEODESTINO

Ría e Terras de Pontevedra

As terras da ría de Pontevedra están marcadas pola súa tradición mariñeira...

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba