PARQUE NATURAL O INVERNADEIRO

Natureza en estado puro

tb://14954/plano.png

Sen rastro do ser humano

Parque natural de O Invernadeiro

Visita estas serras para coñecer o lobo e as súas principais presas, o corzo e o xabaril

Enclavado no Macizo  Central  ourensán, este espazo protexido ocupa 6.000 hectáreas nas que non existen asentamentos humanos na actualidade, pero numerosos elementos de patrimonio etnográfico e industrial dan mostras da vida das xentes que habitaron este lugar.

A sucesión de profundos vales e redondos cumes é froito de épocas pasadas que deron lugar a un sorprendente circo glaciar e a impresionantes fervenzas que se poden  observar  dende o alto das barrancas.

Dous ríos configuran principalmente este territorio: Ribeira Grande e Ribeira Pequena. Sobre eles descargan numerosos cursos de auga que desembocan no río Camba e terminan no río Sil.

ACCESOS: Dende Verín tómase a comarcal OU-113, para desviarse pola 04-114 e chegar a Campobecerros. Dende aquí accédese ao Parque por unha pista forestal asfaltada de 8 quilómetros. Admítese un máximo de 30 visitantes por día, que necesitan un permiso administrativo para poder acceder ao terreo protexido.
tb://14955/prismaticos.png

Descubrindo vida salvaxe

Exemplar de lobo avistado no Parque Natural do Invernadeiro

A interpretación da vida salvaxe nunca foi máis accesible

O Invernadeiro é unha das mellores aulas da natureza da comunidade galega. Non  perdas  a  oportunidade  de visitar o Centro de interpretación de Ribeira Grande.

Na Ribeira Pequena destaca a ruta dos cercados, que nos achega aos espazos onde  habitan  varias  especies como cervos, cabras montesas, gamos, rebezos e carneiros bravos. Estas instalacións facilitan o control das poboacións e fan da súa observación unha das experiencias de máis grato recordo entre os visitantes.

Se es afortunado, poderás descubrir algunhas das familias de lobos existentes. Aguias, falcóns e voitres negros son exemplares que poderás avistar cos teus prismáticos.

tb://14956/sendeirismo.png

Sendeirismo polo Invernadeiro

Sendeirismo polo Invernadeiro

Descubre o pracer de perderte sabendo en todo momento cal é o teu destino

Camiñar por este lugar será o máis parecido a sentirte illado/a do mundo  que te rodea.  Calquera das rutas propostas pódese converter nun momento máxico ao compartir a túa experiencia coa fauna que habita o Parque. Debido ao seu grande interese botánico,  faunístico e xeomorfolóxio, recomendámosche que te fagas acompañar por un guía.

A Ruta de Aceveda ofrece espectaculares panorámicas do val de Ribeira Pequena e conta con varios bosques de acivros no seu percorrido. A Ruta da Auga e a das Troitas pódense combinar dende a Aula da Natureza de Ribeira Grande.

  Dificultade Distancia Tempo Tipoloxía
Ruta do Valdeirexa ou dos CercadosMEDIA / ALTA3 Km2 hCIRCULAR
Ruta das Troitas  BAIXA3,5 Km2 hCIRCULAR
Ruta da OrtigaALTA22 Km7 hCIRCULAR
Ruta da Corga ou do DepósitoALTA2 Km1,30 hCIRCULAR
Ruta da AugaBAIXA4 Km2 hCIRCULAR
Ruta da AcevedaMEDIA8 Km3,30 hCIRCULAR
MÁIS INFORMACIÓN EN:

Centro de Recepción do Parque Natural do Invernadeiro Ribeira Pequena, s/n.
32547 Vilariño de Conso
Contactar antes:
T. 988 386 376 - 988 386 029

Descarga do folleto Descarga aquí o folleto en formato PDF
tb://14945/bicicleta.png

Centro BTT Portas de Galicia

Centro BTT Portas de Galicia

Descubre a contorna do Parque do Invernadeiro a pedais

Na contorna do Parque existe un Centro BTT con doce percorridos que suman un total   de   244  quilómetros  e transcorren  polos municipios  da Gudiña, A Mezquita, Riós, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.

Existe a posibilidade de realizar unha gran ruta por etapas dende Riós ata Viana do Bolo. Para os que buscan unha opción máis sinxela,  recomendámosche a  Ruta  Encoro  do  Vao en Vilariño de Conso e a Ruta As  Telleiras en Viana do Bolo. Nos Puntos de  Acollida  poderás  alugar  bicicletas  e  cascos, así como utilizar os servizos de punto de lavado e duchas de forma gratuíta.

RUTAS Distancia
R1. Ruta das Carballerias 13 Km
R2. Ruta de Valmedo 21 Km
R3. Conexión Riós-Barxa 28,7 Km
R4. Ruta de Pena Maseira 44 Km
R5. Ruta dos Tres Reinos 23,3 Km
R6. Ruta Os Castros 22,4 Km
R7. Conexión A Gudiña-Entrecinsa 19,3 Km
R8. Ruta do Val do Río Conso 18,9 Km
R9. Ruta do Encoro do Vao 7,8 Km
R10. Conexión Vilariño de Conso-Viana do Bolo 16 Km
R11. Ruta As Telleiras 12 Km
R12. Ruta A Escrita 17,8 Km
PUNTOS DE ACOLLIDA

Casa da Viúva Beato Sebastián de Aparicio, 40
32540 A Gudiña
T. 988 594 003 • 696 820 722

Casa da Cultura Ferradal s/n. 32550
Viana do Bolo
T. 988 329 168 • 638 847 602

Aloxamentos | Restaurantes
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Non deixes de ver
Non deixes de ver
Unha selección de catro visitas obrigadas que non te deixarán indiferente e que encarnan a esencia do Parque Natural O Invernadeiro
A fauna e flora
A fauna e flora

Non perdas a oportunidade de visitar un dos santuarios da fauna galega e unha das súas principais reservas botánicas.

Río Ribeira Grande
Río Ribeira Grande

Escolle a Senda da Auga ou das Troitas para descubrir o espectacular ecosistema fluvial do río Ribeira Grande.

Aula de Natureza
Aula de Natureza

Se es un amante da natureza, non podes deixar de visitar no Parque este espazo cunha área expositiva permanente.

Cantina de Papelera Española
Cantina de Papelera Española

Reconvertida nun pequeno museo que rememora a época na que máis de 400 habitantes da zona traballaban na industria papeleira.

Arriba