Veralos á beira do mar ou ao pé dunha montaña... mais non verás dous iguais.

Os inconfundibles hórreos galegos son construcións de pedra ou madeira, elevadas do chan mediante piares e destinadas a gardar as colleitas. Son unha forma propia da arquitectura rural galega e un trazo característico da paisaxe.

Mais se cres que xa sabes como son, espera a ver estes... O de Carnota e os seus 35 m de longo, declarado Monumento Histórico Nacional. Os hórreos de Piornedo, nos Ancares, que máis ben parecen extraídos dunha fábula poboada por gnomos e fadas. Ou os sorprendentes 34 hórreos da Merca, en Ourense, o conxunto máis grande e un dos mellor conservados de Galicia. E co mar aos seus pés, os bonitos hórreos de pedra de Combarro, en plena ría de Pontevedra.

Arriba
Axúdanos a mellorar!