Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Visita estes... destinos > Destacados > Hórreos, pazos e cruceiros > Engadir á "Miña viaxe"

Hórreos, pazos e cruceiros

Cruceiros...

Sinal de identidade da paisaxe galega e expresión da devoción popular, os cruceiros levántanse en encrucilladas ou preto de ermidas, igrexas e cemiterios. Castelao dicía que un cruceiro é "un perdón do ceo", pois segundo o grande escritor galego os cruceiros eríxense para facerse perdoar algún pecado. Dado que en Galicia hai uns 12.000 cruceiros, as nosas faltas deben de ser grandes... Pero tamén se di que os cruceiros protexen os viaxeiros, así que para os que andan por estas terras a protección está garantida.

O cruceiro de Melide é o máis antigo e data do século XIV. O máis famoso é o do Hío (Cangas), a carón da igrexa de Santo André. É unha xoia da arte barroca que percorre o ciclo humano desde Adán e Eva ata a Redención, co Descendemento da Cruz como escena principal. Toda unha historia do mundo representada en pedra por máis de 30 personaxes. Descubre cales son.

  • Cruceiro en Combarro (Poio)

    Cruceiro en Combarro (Poio)

  • Cruceiro en Noia (A Coruña)

    Cruceiro en Noia (A Coruña)

  • Cruceiro en Pontecesures (Pontevedra)

    Cruceiro en Pontecesures (Pontevedra)

  • Cruceiro en Fisterra (A Coruña)

    Cruceiro en Fisterra (A Coruña)

  • Cruceiro no Camiño de Santiago

    Cruceiro no Camiño de Santiago

  • Cruceiro no Cebreiro (Lugo)

    Cruceiro no Cebreiro (Lugo)

  • Cruceiro en Pontevedra

    Cruceiro en Pontevedra

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba