Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Visita estes... destinos > Xeodestinos > Verín - Viana > Engadir á "Miña viaxe"

Destacado...

Natureza e viñedos

Natureza e viñedos

No Parque Natural de O Invernadeiro non existen asentamentos humáns, todo é natureza...

ver máis
Gastronomía de Galicia

Gastronomía de Galicia

En Galicia non podes deixar de gozar da súa Gastronomía...

Verín - Viana

Festas e gastronomía...

Cando chega o Entroido toda Galicia está de festa pero, quizais, máis na provincia de Ourense que noutros sitios.

  • Entroido de Verín
    Entroido de Verín
  • Entroido de Verín
    Entroido de Verín
  • Entroido de Laza
    Entroido de Laza
  • Entroido de Laza
    Entroido de Laza
  • Festa da Androlla e Entroido
    Festa da Androlla e Entroido
  • Festa da Androlla e Entroido
    Festa da Androlla e Entroido
  • Festa da Castaña e do Cogomelo
    Festa da Castaña e do Cogomelo
  • Festa da Castaña e do Cogomelo
    Festa da Castaña e do Cogomelo
Ademais, dentro desa provincia hai tres localidades que destacan e dúas delas atópanse neste xeodestino. Unha é Verín, a outra, Laza. Tanto o descenso nocturno desde Monterrei o Xoves de Comadres no primeiro caso (as mulleres copan a totalidade dos restaurantes locais), como a baixada da Morena no segundo, reúnen a milleiros de persoas. En Laza, ademais, hai o costume de botar encima da xente formigas rabiosas xunto con fariña, algo que todo o mundo acepta, polas malas ou polas boas.

E no capítulo de festexos debe figurar a Feira do Viño de Monterrei, de non longa tradición porque a denominación de orixe é relativamente nova, pero que se afianza ano tras ano e converte a Verín nun punto de encontro.

O Entroido de Verín conta coa declaración de Festa de Interese Turístico Nacional. O Entroido de Laza é Festa de Interese Turístico de Galicia. Ademais, na zona consegue gran repercusión a Festa do Pemento de Oímbra, así como a Festa da Androlla e do Entroido de Viana do Bolo. Todas elas contan coa declaración de Festas de Interese Turístico de Galicia.

O concello de Riós, montañoso e cruzado polo Camiño de Santiago, ten cada día máis fama en toda Galicia por un produto que recibiu o respaldo de Europa, que apoiou a creación dunha ruta específica: a humilde pero cada vez máis considerada castaña, que sufriu un baixón de aprecio no imaxinario colectivo do século XX pero que se está a recuperar desde fai décadas. A Festa da Castaña e do Cogomelo de Riós conta coa declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia.
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba