Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Visita estes... destinos > Xeodestinos > Verín - Viana > Engadir á "Miña viaxe"

Destacado...

Natureza e viñedos

Natureza e viñedos

No Parque Natural de O Invernadeiro non existen asentamentos humáns, todo é natureza...

ver máis

Pódeche interesar...

Ver máis

Verín - Viana

Patrimonio

Neste xeodestino mandan tres elementos. Un é a natureza. Outro é o Camiño de Santiago. E o terceiro é a cidade amurallada de Monterrei.

Ampliar
Esta última ten Verín aos seus pés. Monterrei é sen dúbida o mellor exemplo de fortificación de todo o noroeste peninsular que inclúe poboación fóra da militar. Aí foi emprazada a primeira imprenta de Galicia e de aí saíu o primeiro libro feito no país aplicando o invento de Gutenberg. Un ambicioso plan de recuperación permitiralle converterse nos próximos anos nunha referencia para España enteira. Dentro do seu recinto hai un albergue para peregrinos de longa historia e que foi recuperado acabando o século XX.
Porque, en efecto, por aquí pasa o Camiño de Santiago, chamado Camiño do Sueste-Vía da Prata. Entra en Galicia xusto polo concello da Mezquita con vinte inesquecibles quilómetros, para dividirse na Gudiña. Aí hai que elixir norte ou sur. Quen opte polo primeiro percorrerá o Camiño Vello. Isto é, o camiño que seguían os galegos que ían á sega en Castela e que inmortalizou Rosalía de Castro nos seus versos. Quen opte polo segundo descenderá ata a chaira onde se atopan Verín e Monterrei para logo subir o espectacular alto de Cualedro e baixar de novo. Unha rama e outra do Camiño xacobeo vólvense a unir pouco antes da capital da provincia.
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba