Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Visita estes... destinos > Cidades > Ourense > Engadir á "Miña viaxe"

Cidade de Ourense

Ourense é a cidade da auga. Oito pontes cruzan aquí o río Miño, que en tempos dos romanos era unha mina de ouro. Agora xa non hai ouro, pero si unhas augas moi valiosas: as augas termais. Hainas por toda a cidade e moitas son gratuítas. Como as termas da Chavasqueira á beira do río, onde poderás gozar dun baño Zen. As augas brotan tamén a 65º en pleno centro, na fonte das Burgas, que co Santo Cristo e a Ponte Romana, son os símbolos da cidade.

Pero ademais Ourense ten unha orixinal Praza Maior... inclinada, e un casco histórico rico en igrexas e capelas. O Pórtico do Paraíso da Catedral conserva aínda a súa policromía orixinal do século XIII. E na Capela de San Cosme e San Damián, unha curiosidade descoñecida polos visitantes: aquí exponse, durante todo o ano, o belén máis sorprendente que se pode ver.

E se queres animación, non te preocupes. Se algo lles gusta de verdade aos ourensáns é saír á rúa. 

Ampliar
  • Alameda do Concello

    Alameda do Concello

    O arquitecto Vázquez Gulías transformou no s. XIX a medieval horta do concello nun parque no que erixiu toda unha serie de construcións modernistas.

  • As Burgas

    As Burgas

    Conxunto de tres fontes de augas termais e mineromedicinais que manan a 67º (Burga de Abaixo, neoclásica do s. XIX; Burga de Arriba, construción popular do s. XVII; e Burga do Medio, construción moderna).

  • Capela de Nosa Sra. dos Remedios

    Capela de Nosa Sra. dos Remedios

    Século XVI. Fundada para protexer aos viaxeiros dos ataques dos ladróns.

  • Capela de San Cosme e San Damián

    Capela de San Cosme e San Damián

    Pequena capela e hospital anexo. Estilo plateresco. No Nadal expón o Belén de Arturo Baltar.

  • Catedral de San Martiño

    Catedral de San Martiño

    Templo románico tardío con elementos góticos e aspecto de fortaleza.

  • Monasterio de San Francisco

    Monasterio de San Francisco

    Claustro de transición románico-gótico, de columnas xemelgas con capiteis historiados.

  • Igrexa dos Franciscanos

    Igrexa dos Franciscanos

    S. XIV, construída no alto da cidade, onde permanece o claustro, e trasladada ao parque de S. Lázaro en 1923. Interesante fachada con rosetón e portada de tripla arquivolta.

  • Igrexa de Santa Eufemia

    Igrexa de Santa Eufemia

    Antiga igrexa dos xesuítas. Estilo barroco galego. S. XVII-XVIII. Vistosa fachada cóncava.

  • Igrexa de Santa María Nai

    Igrexa de Santa María Nai

    Orixinariamente románica aínda que reconstruída no s. XVIII en estilo barroco. Conserva na portada catro columnas de mármore do s. VI. É o lugar orixinario onde se situou a primeira catedral de Ourense.

  • Igrexa de Santo Domingo

    Igrexa de Santo Domingo

    De estilo renacentista. Interesantes retablos barrocos no interior.

  • Igrexa da Trinidade

    Igrexa da Trinidade

    Construída entre fins do s. XII e comezos do XIII, aínda que con reformas dos s. XV e XVI. Posúe dúas torres que lle dan aire de fortaleza. Cruceiro plateresco no atrio (s. XV).

  • Museo Arqueolóxico

    Museo Arqueolóxico

    Románico s. XII, un dos poucos edificios civís deste período existentes en España.

  • Pazo Oca-Valladares

    Pazo Oca-Valladares

    Actual sede do Liceo de Ourense. É un dos mellores exemplos de arquitectura palaciana renacentista existentes en Galicia. s. XVI. Posúe un fermoso patio de columnas centrado por unha fonte de mármore.

  • Praza do Ferro

    Praza do Ferro

    Antigo mercado de útiles de labranza, quincalleira e potes. Centrada por unha fonte barroca. Nun dos seus laterais érguese a Casa dos Boán (s. XVII).

  • Praza da Magdalena

    Praza da Magdalena

    Do s. XV ao XIX foi utilizada como cemiterio, conservando algunhas lápidas nun lateral. Máis tarde funcionou como mercado. Centrada por un esvelto cruceiro barroco.

  • Praza Maior

    Praza Maior

    Forma irregular, casas con galerías e balcóns dos s. XVIII e XIX.

  • Praza do Trigo

    Praza do Trigo

    Antigo mercado onde se vendía o cereal. Nun lateral atópase a casa dos Temes (s. XVIII).

  • Ponte do Milenio

    Ponte do Milenio

    Inaugurada en 2001. Combina formigón e aceiro nunha orixinal forma curva. Pasarela peonil que chega a elevarse 22 m., converténdose nun excepcional miradoiro.

  • Ponte Vella ou Maior

    Ponte Vella ou Maior

    De orixe romana, da que só quedan algúns cadeirados almofadados na base. Reconstruída no s. XIII, pero a traza actual é do s. XVIII.

Non deixes de ver...

Destacado

  • Ponte Vella

O visitante de Ourense debe empaparse da esencia da cidade, do elemento que orixinou o asentamento: as augas termais.

A área termal da Chavasqueira–Outariz ofrece unha inmellorable oportunidade de gozar e aproveitar as bondades das augas mineiro–medicinais quentes que brotan das diferentes burgas existentes no contorno da cidade. Para iso pódese percorrer o Paseo Termal, que discorre pola marxe dereita do río Miño, comezando no Campo da Feira e rematando en Outariz.

Nun percorrido de tres quilómetros pódese gozar de catro estacións termais. A primeira é a Chavasqueira, con piscinas de auga quente mineiro–medicinal (mana a 41º), de uso público, e o complexo privado de inspiración xaponesa. A cincocentos metros atopase a Fonte de augas termais do Tinteiro, con boas propiedades para problemas dermatolóxicos, que mana a 43º. Seguindo o sendeiro habilitado polo concello, a dous quilómetros do Tinteiro, aparece a Burga do Muíño das Veigas (as augas manan a entre 65º e 72º), que conta con catro piscinas termais públicas. O percorrido termal remata en Outariz, onde se atopan catro piscinas moi semellantes ás da Chavasqueira, con auga que mana a 61º, indicada para as doenzas reumáticas e artríticas.

O contorno polo que discorre o paseo é envexable, coas ribeiras do río Miño recuperadas, acondicionadas e de gran valor natural. En calquera época do ano podemos acudir a este conxunto, con piscinas públicas ao aire libre e ambientes privados.

Axenda cultural...

Propoñémosche estes plans...

ver máis...
Terras de Ourense e Allariz

XEODESTINO

Terras de Ourense e Allariz

Xeodestino de Ourense, romana e señorial, desde as beiras do Miño. E de Allariz, rexia e monumental, desde as beiras do Arnoia...

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba