ZONA ESPECIAL DE PROTECCIÓN DE AVES (ZEPA)

A Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) é unha categoría de protección de carácter europeo e é outorgada a áreas naturais de especial relevancia para a conservación das aves, particularmente as que están ameazadas de extinción.

Para este obxectivo é primordial a conservación dos seus hábitats coas condicións medioambientais necesarias para o descanso, reprodución e alimentación das aves.

Estas ZEPA distribúense tanto ao longo da costa como en zonas de montaña. Nestes espazos, xunto con moitas outras áreas de turismo ornitolóxico por todo o noso territorio, son puntos de encontro dos afeccionados ao avistamento de aves.

Xunta de Galicia

© 2016 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Galicia
Arriba