A Ría da Coruña é a ría urbana por excelencia, xa que o lado oeste ocúpao a propia cidade e o leste é practicamente unha prolongación, iso si, salpicada de excelentes praias como Santa Cristina, Santa Cruz, Bastiagueiro, Mera... E en pleno centro urbano da cidade de A Coruña, separadas polo dique, as Praias de Riazor e do Orzán, cunhas ondas perfectas para o surf.

A Torre de Hércules, construída polos romanos é o faro en funcionamento máis antigo do mundo, custodia esta ría.

Xa na Coruña, tamén coñecida como a Cidade de Cristal, é un pracer pasear polo porto pesqueiro ou baixo as fermosas galerías da Mariña e os Cantóns. Ou explorar os seus museos, entre eles o magnífico Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón, que xunto co Castelo de Santa Cruz eran as fortalezas que defendían antigamente a cidade.

Arriba
Axúdanos a mellorar!