1. GPX
GPX ou GPS eXchange Format (Formato de intercambio GPS) é un esquema XML pensado para transferir datos GPS entre aplicaciones e servicios Web de internet.
GPX ou GPS eXchange Format (Formato de intercambio GPS) é un esquema XML pensado para transferir datos GPS entre aplicaciones e servicios Web de internet.
Pódense usar para describir puntos (Waypoints), recorridos (tracks), ou rutas (routes).
Principais vantaxes de GPX:
Non existe ningún programa específico para a transferencia de GPX, senón que son varios os programas que se poden empregar:
Neste caso describiranse os pasos que hai que seguir para a transferencia de arquivos GPX mediante G7ToWin e EasyGPS.
G7ToWin é un programa executable que permite introducir arquivos en formato GPX ó GPS e converter datos do GPS ao formato GPX.
Existen varias versiones do G7ToWin dependendo das necesidades:
É un software compatible con Windows 95, 98, Me e XP, Vista.
No caso de ter un ordenador con outro sistema operativo diferente a Windows un dos programas que se poden empregar sería o GPSBabel.
O G7ToWin é un programa de balde que se pode descargar da páxina web: http://www.gpsinformation.org/ronh/g7towin.htm
A instalación é moi sinxela, simplemente descargar a versión axeitada e descomprimila nun directorio do PC. O ser un executable non fai falla instalalo no ordenador, só con premer no ficheiro g7towin.exe xa se abrirá o programa.
Os GPS compatibles con G7ToWin entre outros: Garmin, Eagle, Lowrance e Magellan.
Desde a web de Turgalicia hai dispoñibles para a descarga ficheiros de puntos de interese en formato GPX. Este formato aplicarase o programa G7ToWin, seguindo o proceso descrito a continuación.
Conectar o GPS ó computador mediante cable USB
Deberá configurarse o GPS na opción de: File Configuration.
Aparecerá unha nova ventá onde na pestana xeral deberá asignarse o GPS, o USB e a velocidade.
O ficheiro cos puntos de interese cargarase no dispositivo GPS seguindo as seguintes instrucións:
Descarga ficheiros GPX: Descomprimir e gardar a información dos ficheiros GPX procedentes da páxina de Turgalicia nun lugar localizable no ordenador.
Carga dos puntos de interese: Instalado o programa e unha vez comprobada que a configuración do GPS é correcta poderán incorporarse os POI ó programa. Isto farase no menú principal: File Open.
Deberanse localizar os POI elixindo o tipo de arquivo GPX
IIncorporación dos puntos de interese ó GPS: Unha vez cargados os POI no programa xa se poderán pasar ó GPS mediante a opción: GPS, Upload to GPS, All
Unha vez cargados os POI ó GPS poderase pechar o programa e retirar o GPS do cable USB. Cando se acenda o GPS xa apareceran os novos POI.
O programa EasyGPS permite transferir puntos de localización e rutas desde o computador ó dispositivo GPS.
EasyGPS só opera cos sistemas operativos de Windows Vista e XP; ademáis só permite transferir datos con extensión .gpx ou .loc.
GPS compatibles con EasyGPS: Becker, BlackBerry, Brunton, Cobra, DeLorme, Eagle, Furuno, Garmin, Holux, HTC, Humminbird, Jensen, Lowrance, Magellan, Medion, Mio, MLR, Navigon, Navman, Nextar, Nokia, Pharos, Satmap, Silva, Sony, Thales e Tom Tom.
Desde a web de Turgalicia hai dispoñibles para a descarga ficheiros de puntos de interese en formato GPX. Este formato aplicarase ó programa EasyGPS, seguindo o proceso que se describe no presente tutorial..
Instalado o programa deberase conectar o GPS mediante un cable USB ó computador.
Ó abrir a aplicación EasyGPS, esta preguntará sobre o receptor de GPS, para poder asignar o tipo e modelo de GPS. Clic en Add GPS.
O clicar sobre OK aparecerá outra ventá onde se asignará a vía de conectividade co GPS, por exemplo USB.
Carga dos POI: Para incluir os arquivos GPX no programa haberá que facer clic en File, Open. Bucaranse os arquivos .gxp descargados.
Aberto o arquivo, este aparecerá na parte inferior do programa.
Importación do arquivo GPX ó GPS: Isto pódese facer de dúas maneiras:
A partir do menú principal en GPS, Send to GPS
Onde se abrirá unha ventá na cal se explica o número de puntos que se van enviar e o modelo e tipo do GPS. Se todo está correcto, facer clic sobre OK
A partir da icona de send ().
Neste caso tamén aparece unha ventá sobre a información que se pretende enviar. Se todo é correcto clic sobre OK
Unha vez cargados os POI ó GPS poderase pechar o programa e retirar o GPS do cable USB. Cando se acenda o GPS xa apareceran os novos POI.
O programa GPSBabel permite a conversión entre máis de 140 formatos de arquivos para poder traballar con eles en diferentes programas de edición e tratamento de datos xeográficos e modelos de receptores GPS.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.