O parque comeza en Ourense e ao cruzar a liña que o separa de Portugal convértese no Parque Peneda-Gerês... Aquí os bosques non entenden de fronteiras.
Talvez por iso estas son as terras do Couto Mixto, un territorio que nunca pertenceu nin a España nin a Portugal e cuxos habitantes elixían a nacionalidade que desexaban o día da súa voda.
Un mundo de grandes árbores, lobos, corzos e cabalos salvaxes que fai 2.000 anos xa era atravesado de norte a sur pola Vía Nova construída polos romanos para unir Astorga e Braga.