• É obrigatorio o uso do casco.
  • Non esquezas revisar o estado da bicicleta.
  • Infórmate sobre aspectos técnicos da ruta e sobre a meteoroloxía do día.
  • Selecciona o itinerario axeitado en función da túa capacidade física e técnica.
  • É importante circular asegurado. Tramita a túa licenza na Federación Galega de Ciclismo.
  • Sempre debes levar auga, roupa de abrigo, kit de reparacións e o teléfono móbil ben cargado.
  • Coida o medio ambiente. Procura non molestar aos animais nin deteriorar a vexetación. Respecta as zonas privadas.
  • O contorno polo que vas circular é aberto, de libre circulación e escenario de múltiples actividades (deportivas, forestais, gandeiras, agrícolas). Mantén sempre unha actitude comprensiva, prudente, responsable e respectuosa.
  • Calquera actividade na natureza implica riscos, non sempre controlables.
  • É a túa responsabilidade calcular os perigos do percorrido e da meteoroloxía do momento.
  • Nos puntos de acollida existe a posibilidade de alugamento de bicicletas e cascos, no caso de que necesites material extra.
  • Indica no Punto de Acollida, ou no seu defecto a un familiar, que ruta vas realizar.
  • O deseño das rutas permíteche enlazar varios percorridos e gozar dunha ruta á túa medida.
  • Podes descargar os tracks das rutas na páxina web
  • Podes contribuír ao mantemento do centro BTT informando aos responsables do Punto de Acollida ou puntos de información de posibles incidencias no estado e sinalización dos percorridos.
  • Debes obedecer a sinalización das rutas, dar prioridade aos peóns e cumprir coas normas xerais de circulación.
  • No caso de ausencia de sinais de seguimento nos cruzamentos, circula polo camiño preferente.
Arriba
Axúdanos a mellorar!