Propoñémosche unha nova experiencia para descubrir coa túa bicicleta a Rede BTT Galicia. Unha travesía de dous días de duración que che permitirá coñecer esta oferta de turismo deportivo e de natureza nos Centros BTT Serra do Xurés e Ribeira Sacra. Unha combinación das rutas sinalizadas en cada un destes Centros BTT, ás que engadimos un track GPS e outras informacións que che axudarán a organizar o teu itinerario.

Arriba
Axúdanos a mellorar!