O Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe esténdese entre O Cebreiro, punto de entrada do Camiño de Santiago en Galicia, e o río Sil polo sur, pero sen chegar a tocalo. Vén sendo unha das terras máis vellas da península.
O seu interese xeolóxico é manifesto: multitude de covas vivas e gateiras ou o espectacular pregamento de Campodola (Quiroga), cualificado como un dos monumentos xeolóxicos de Europa.