Próximo a Tui e integrado na Serra do Galiñeiro, o Monte Aloia ten uns 10 km de sendas nunha paisaxe singular. É o resultado dunha exótica repoboación realizada hai 100 anos con cipreses, abetos e cedros do Líbano.
Declarado Parque Natural en 1978, o primeiro de Galicia, o monte Aloia é unha auténtica atalaia a 700 m de altura con 5 miradoiros e extraordinarias vistas sobre o río Miño. No monte hai restos prehistóricos e romanos e a súa historia está rodeada de lendas. Dise que aquí as eguas salvaxes son fertilizadas polo vento. Tamén que este é o mítico Monte Medulio, escenario do suicidio colectivo das tribos celtas antes de caeren en mans dos romanos. Talvez.