rutanomeKmdificultade
1ruta MAQUINO LARGAÑO13,8 KmDificultade verde
2ruta CIRCULAR DE NOGUEIRA DE RAMUÍN34,3 KmDificultade negro
3ruta CIRCULAR DE PARADA DE SIL33,5 KmDificultade verde
4ruta OS TORGAIS8,8KmDificultade Azul
5ruta FÁBRICA DA LUZ12,5 KmDificultade vermella

 

Posibilidade de visualizar os datos das distintas rutas no ordenador e no GPS a través dos ficheiros GPX e KMZ. As coordenadas GPX son ficheiros de intercambio de datos entre GPS's e necesitan dun programa adecuado ao seu GPS para poder importalos. As coordenadas KMZ son ficheiros con datos xeográficos que necesitan do programa gratuíto Google Earth para poder visualizalos.

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R1 - Maquino Largaño

R1

Maquino Largaño significa “camiño longo” en barallete, a xerga gremial dos antigos paraugueiros e afiadores.

Tras abandonar o punto de acollida do pavillón polideportivo de Luíntra, iníciase un descenso cara a Baldomar a través dunha zona de bosques de carballos e castiñeiros e por un camiño ancho con bo firme. Desde aquí, o camiño estréitase e vólvese máis técnico en sentido ascendente.

Tras alcanzar a aldea de Monteverde, o ciclista ten a oportunidade de facer un alto no camiño e de visitar a necrópole de Moura, situada a 750 metros de altitude. Aquí pódense apreciar os restos semisoterrados de ata sete construcións funerarias da época neolítica.

A seguir, poderase gozar dun descenso de gran beleza por un camiño entre muros de pedra que remata na capela de San Lourenzo en Biduedo, onde haberá que recuperar forzas para afrontar o ascenso por un tramo asfaltado, ata chegar a Pombar. Tras compartir un tramo de percorrido coa ruta 2, a circular de Nogueira de Ramuín, preto de Cortecadela, esta continúa polo Alto do Bidueiro en dirección á aldea de Mundín, ata regresar ao punto de inicio.

A ruta coincide en varios tramos co sendeiro de Maquino Largaño, co Transourensán e co Camiño Natural de Santo Estevo, tramos nos que se recomenda precaución ante a posible presenza de sendeiristas.
 

SaídaPavillón polideportivo de Luíntra
42º24´33.69” N / 007º43´21.34”W
 altura máximades. acum. positiva[+]distanciaenlaces
736 m438 m13,8 kmruta 2
ChegadaPavillón polideportivo de Luíntra
42º24´33.69” N / 007º43´21.34”W
altura mínimades. acum. negativo[-]tempodificultade
563m-438m1h 50 min

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R2 - Ruta Circular de Nogueira de Ramuín

R2

Este percorrido parte do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Tras salvar os primeiros metros da ruta que presentan unha forte pendente, recoméndase visitar o castro de Litoria, a escasos metros da ruta, e contemplar unha excelente panorámica do mosteiro e do canón do río Sil.

A ruta continúa cara a Cortecadela e segue por unha pista forestal ata alcanzar o desvío cara á ermida da Virxe do Monte. Coa compaña dos muíños de vento do Parque Eólico do Sil, e atravesando masas de repoboación de piñeiro silvestre, atínxense os 1150 m de altitude da Serra de Cabeza da Meda, nos límites dos concellos de Esgos, Xunqueira de Espadanedo e Nogueira de Ramuín.

Iníciase un descenso ata chegar á aldea do Coutiño e os metros finais deste tramo compártense coa ruta 3, a Circular de Parada de Sil, que ascende en sentido contrario. Neste punto, o ciclista poderase achegar aos miradoiros do Picotiño e de Cabezoá, que se atopan sinalizados en ruta. Seguindo o sendeiro Transourensán, o percorrido ofrece tramos de camiño e pista asfaltada que permiten visitar o miradoiro de Pé do Home, a aldea de Vilar e a igrexa de Santa María, antes de regresar ao mosteiro.

SaídaMosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil
42º25´01.36” N / 007º41´11.77”W
 altura máximades. acum. positiva[+]distanciaenlaces
1210 m990 m34,3 km1,3
ChegadaMosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil
42º25´01.36” N / 007º41´11.77”W
altura mínimades. acum. negativo[-]tempodificultade
474 m-990 m4h 35´Dificultade dificil

 

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R3 - Ruta Circular de Parada de Sil

R3

A ruta parte das proximidades do edificio do Concello de Parada de Sil e comparte o seu tramo inicial coa ruta 4, "Os Torgais". Tras abandonar Chamoso, o percorrido diríxese cara ao Couto e cara ao Coutiño, onde se atopa a ligazón coa ruta 2, a "Circular de Nogueira de Ramuín", que vén en sentido contrario desde O Mato.

Seguindo a aba do monte Meda, por pistas e camiños, o itinerario diríxese cara ás aldeas de Guendón e Casa do Vento, onde arrinca un descenso que remata no encoro da Hedrada. Un camiño paralelo á beira dirixe o ciclista ata Pradomao, desde onde se ofrece unha boa panorámica do encoro ao completo. Ao chegar ao cemiterio de Forcas, e logo de cruzar un pequeno prado, poderemos gozar dun sendeiro de gran beleza ata conectar coa ruta 5, "A Fábrica da Luz", e continuar cara á aldea de Santo André.

Nesta parte do percorrido atopamos pequenos núcleos de casas, coma Calvos, Purdeus, O Valado e A Casalta. Ao alcanzar a zona dos muíños de Entrambosríos, hai que afrontar unha dura subida por un camiño de pedras. Aquí recoméndase baixar da bicicleta arredor de quince minutos para recuperar forzas e así alcanzar a estrada.

Os últimos metros do percorrido realízanse por un camiño en sentido ascendente cara a Pardela, que remata na poboación de Parada de Sil.

SaídaCasa do Concello de Parada de Sil
42º23´00.27” N / 007º34´19.56”W
 altura máximades. acum. positiva[+]distanciaenlaces
1038 m967 m33,5 km2,5
ChegadaCasa do Concello de Parada de Sil
42º23´00.27” N / 007º34´19.56”W
altura mínimades. acum. negativo[-]tempodificultade
363 m-967 m4h 30´Dificultade moi dificil

 

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R4 - Ruta Os Torgais

R4

Abandonamos Parada de Sil polo lugar coñecido como Fondo de Vila e dirixímonos cara ao "Foxo do Lobo" a través dun camiño de carros ou carriozas e atopamos varios secadoiros de castañas coñecidos coma sequeiros.

A través dunha pista en moi bo estado, o ciclista atinxe o miradoiro dos Torgais e, a continuación, o lugar coñecido como Balcóns de Madrid. Trátase dun extraordinario miradoiro desde onde os comerciantes ambulantes de barquillos, unha profesión con gran tradición en toda a Ribeira Sacra, se despedían das súas familias. Estes veciños de Parada de Sil adoitaban dicir ao partir que ían a Madrid. E de aí o nome dun dos lugares máis extraordinarios para contemplar os Canóns do Sil.

Tras un descenso por un camiño empedrado, chégase a Portela. Unha pista asfaltada sobe ata a capela de Santo Antonio e, tras cruzar a estrada que se dirixe ao mosteiro de Santa Cristina, continúa ata a aldea de Santa Mariña. Este tramo compártese en sentido oposto coa ruta 3, a "Circular de Parada de Sil", polo que se recomenda ter precaución.

O mosteiro de Santa Cristina é un dos centros espirituais con maior encanto da Ribeira Sacra e, polo tanto, recoméndase a súa visita. A partir do ano 1508 é cando tamén lle podemos engadir o apelido de "Ribas de Sil" porque pasa a formar parte do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil como priorado. Á parte da historia que gardan os seus muros, convén salientar a impresionante igrexa de estilo románico, con retrincos do gótico.

SaídaCasa do Concello de Parada de Sil
42º23´00.27” N / 007º34´19.56”W
 altura máximades. acum. positiva[+]distanciaenlaces
671 m218 m8,8 km3
ChegadaCasa do Concello de Parada de Sil
42º23´00.27” N / 007º34´19.56”W
altura mínimades. acum. negativo[-]tempodificultade
546 m-218 m1h 10'

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R5 - Ruta Fábrica da Luz

R5

Este trazado está especialmente condicionado por tres factores: a orografía da zona que presenta fortes pendentes, o canón do río Mao que serve de límite municipal do concello da Teixeira e a tubaxe da central hidráulica de Regueiro que divide o territorio e que só se pode cruzar nos lugares acondicionados.

Comeza a ruta no punto de acollida da Fábrica da Luz, unha das primeiras infraestruturas hidroeléctricas construídas en Galicia a comezos do século XX e que, na actualidade, foi reconvertida nun albergue. Desde aquí ascenderemos durante tres quilómetros por unha pista asfaltada ata alcanzar San Lourenzo, onde se pode visitar a necrópole de San Vítor.

O percorrido descende ata chegar ao canón do Sil e continúa por un camiño en bo estado que percorre a beira do río ata A Barxa, onde comeza unha subida cara ao núcleo da Costrela.

Para cruzar a tubaxe que abastece de auga a Central Hidráulica de Regueiro, o ciclista deberá atravesar unha pequena ponte e, a continuación, ha de baixar da bicicleta para seguir entre os viñedos típicos do lugar.

O seguinte tramo discorre a media ladeira por un sendeiro no bordo do canón que permite observar a desembocadura do río Mao no Sil. Desde Barxacova continúase pola beira do río ata alcanzar unha pista de terra cunha forte pendente que remata na estrada que se dirixe novamente ao albergue da Fábrica da Luz.

Antes ou despois da ruta, recoméndase visitar a pasarela de madeira elevada sobre o canón do río Mao que forma parte dunha sinxela ruta de sendeirismo que parte desde o aparcadoiro do albergue da Fábrica da Luz e que se dirixe cara a Barxacova.

SaídaAlbergue A Fábrica da Luz
42º22´27.22” N / 007º29´50.13”W
 altura máximades. acum. positiva[+]distanciaenlaces
581 m566 m13 km3
ChegadaAlbergue A Fábrica da Luz
42º22´27.22” N / 007º29´50.13”W
altura mínimades. acum. negativo[-]tempodificultade
229 m-566 m2hDificultade dificil

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Xunta de Galicia

© 2016 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Galicia
Arriba