CASA DO PATRÓN

Restaurantes - 4ª Categoría - 1 Garfo
933
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Doade (San Pedro)

Lugar: Codesedo 1

36519  Lalín - Pontevedra

Coordenadas:
42º 36' 32.3" N - 8º 07' 54.5" W
+34 986 692 203
+34 635 939 890

Contacto para reservas

Descrición

Situado no mesmo corazón de Galicia, na comarca de Deza, o restaurante-museo Casa do Patrón, forma parte dunha tradición gastronómica en Lalín e os seus arredores.
Fundada en 2013, esta empresa familiar mantén o seu aspecto orixinal, o que fai de Casa do Patrón un restaurante-museo un lugar diferente localizado dentro dun gran recinto museístico, cunha auténtica tradición na gastronomía galega.
O restaurante-museo Casa do Patrón ofrece a súas especialidades en Cocido de Lalín e Comida Tradicional Galega, produtos frescos da nosa horta da máis alta calidade, xa que logramos conformar un menú auténtico en sabores, mantendo os máis altos estándares de calidade e frescura.
Un lugar único e singular que transporta os seus clientes á forma de vida de hai máis dun séculos, onde alén de gozar dunha cociña "con verdade", sabores intensos que dan os mellores produtos e a arte da milenaria cociña caseira galega.
Poden completar a súa experiencia xirando unha visita ao “Museo Etnográfico Casa do Patrón”, o Grande Ecomuseo do Mundo Rural Galego”, e/ou percorrer en plena natureza algunha das rutas de sendeirismo que deseñamos, gozando das fantásticas paisaxes do interior de Galicia. (PR-G210 Ruta do Castro de Doade, Ruta da Prehistoria de Doade, ...)

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata

Tamén che pode interesar

Arriba