Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Faros e praias salvaxes > Itinerarios > Engadir á "Miña viaxe"

Propoñémosche estes plans...

ver máis...
Mariña lucense

XEODESTINO

Mariña lucense

Mar e montañas, ríos e rías, prados e praias...

Praia das Catedrais

DESTAQUE

Praia das Catedrais

En Galicia, cando se xunta a potencia do mar e a paciencia do tempo o resultado é arte...

Faros e praias salvaxes

As Catedrais do Mar

A Mariña lucense é unha fonte inesgotable de marabillas naturais que cohabitan cun espectacular patrimonio histórico.

Este tramo da costa galega, bañada polas augas do mar Cantábrico, agocha entre as caprichosas formas dos seus acantilados lendas máxicas sobre sereas e mariñeiros.

Interésache!

  • Inicio: Ribadeo
  • Fin: Viveiro
  • Xornadas: 2
  • Km (aprox.): 90 Km
A praia dos Castros invita a deitarse nas súas rochas completamente lisas para, arrolados polo son rítmico das ondas do mar, gozar dun baño de sol ou dunha pracenteira sonada.
 
A subida ao faro Roncadoira é a parte máis dura da ruta; as gaivotas parecen perder o equilibrio mentres as ondas baten con forza contra os cantís.

Percorrido - Día 1º

Comezamos a nosa andadura na vila de Ribadeo situada na desembocadura do río Eo, fronteira natural con Asturias, e en plena Mariña lucense. O esplendoroso pasado da vila constátase dando un paseo polo encantador centro histórico repleto de fermosas construcións indianas.

Ampliar
Ao chegar ao porto, poderemos realizar unha pequena camiñada ao bordo dun agreste acantilado. En plena ruta parade a gozar da Rasa cantábrica no miradoiro de Santa Cruz, a case 200 metros sobre o nivel do mar. Dende alí tamén descubrimos a illa Pancha e dous pintorescos faros en branco e azul. O máis baixo e de planta cadrada é de finais do século XIX e o outro, máis moderno, é de 1987.
Debido á orografía da costa cantábrica, estamos nunha zona ideal para os amantes do sendeirismo. Armádevos cun calzado cómodo porque as rutas a pé ao bordo destes cantís son o mellor xeito de gozar desta costa.
Continuando cara ao oeste, atoparémonos coa vila de pescadores de Rinlo, moi famosa pola súa gastronomía. Aínda que o seu prato estrela é o arroz con lumbrigante, nada lle teñen que envexar as tapas de polbo, as empanadas ou outros manxares que inclúen nos seus menús.
Se queremos baixar a comida, podemos continuar a pé ata a praia dos Castros para chegar ata a beira do mar pasando polo seu orixinal acceso a través dun túnel natural. Este areal invita a deitarse nas súas rochas completamente lisas, onde arrolados polo son rítmico das ondas do mar poderemos gozar dun baño de sol ou dunha pracenteira sonada.
Coas forzas renovadas, poñemos rumbo de novo cara a unha das praias máis famosas de todo o Norte, a praia de Augas Santas, internacionalmente coñecida como a praia das Catedrais. O seu nome vén dado polas características formacións rochosas en forma de arco, algún deles xa fracturado pola intensa acción do mar. Pero ademais da súa beleza, esta praia agocha numerosas furnas onde o mar bate con forza procurando un oco cada vez maior, polo que se recomenda extremar as precaucións durante o paseo. A visita con marea alta á praia das Catedrais pode facerse dende o alto do acantilado gardando a debida distancia de seguridade. E se vos coincide chegar aquí con baixamar, baixade pola escalinata ata a fina area para atoparvos coa magnitude destas impresionantes arcadas. Se queredes coñecer o estado do mar e o horario das mareas antes de visitar as Catedrais, na páxina web de Meteogalicia ofrecen esta información.
Se as horas de luz o permiten, podemos seguir un pouco máis pola liña da costa, onde atopamos grandes areais máis urbanizados, pero non por iso con menos encanto. Un bo momento para facer un alto é ao chegar á praia de Peizás, máis solitaria que outras da contorna. Para rematar a xornada, nada mellor que sentarnos a ver caer o sol no castro de Fazouro, un enclave ao pé do cantil. Aquí o vento sopra con forza e esta intensidade invita a acubillarse entre os ocos das paredes para sentir a súa calor despois de toda unha xornada expostas ao sol.
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba