A mediados do pasado século, as augas do Sil foron retidas, pero iso non parou a súa vida, que se viu transformada. Unha gran zona húmida de pouca profundidade cun excelente bosque de ribeira acolle un bo grupo de interesantes aves acuáticas.
Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
A MIÑA VIAXE
A mediados do pasado século, as augas do Sil foron retidas, pero iso non parou a súa vida, que se viu transformada. Unha gran zona húmida de pouca profundidade cun excelente bosque de ribeira acolle un bo grupo de interesantes aves acuáticas.
Trátase dun encoro dun quilómetro e medio de longo por uns 600 metros de largo, sobre o val do río Sil, que foi construído na década dos anos 50 do século pasado. Dúas vilas flanquean o encoro, A Rúa e Petín, e aínda así queda espazo para a natureza, especialmente na cola do encoro, onde a escasa profundidade e a existencia de sedimentos permitiron que se desenvolvese un gran bosque de ribeira que acubilla unha interesante fauna.
É un lugar facilmente accesible a pé que permite unha visita tan sinxela como chea de aves.
De setembro a xuño, especialmente xaneiro, febreiro e maio
1,8 Km
1 hora a pé, media hora en bicicleta
Ningunha
A Rúa, Petín
A Rúa - Cola do encoro
Puntos clave da ruta:
Ao longo do ano podemos observar unha serie de aves acuáticas características, como o mergullón cristado e a garza real. No inverno súmanse varias especies de anátidos e os corvos mariños grandes. Na primavera son frecuentes os millafres negros e a cegoña branca. Os bosques da ribeira son frecuentados todo o ano por pequenas aves.
As aves das zonas húmidas son sensibles. Respectaremos o seu benestar observándoas desde a periferia, polo que un telescopio é unha ferramenta case indispensable.
Pola súa accesibilidade e comodidade, este é un enclave ideal para iniciarse na observación de aves acuáticas.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.