Culmina a tempada de reprodución

Os días son longos e cálidos e os ecosistemas terrestres atópanse no seu momento de esplendor. Practicamente en calquera lugar encontraremos multitude de aves. Unhas xa sacaron adiante os seus poliños, outras aínda se afanan en finalizar a cría. Tanta actividade fai que sexa moi fácil ver moitas especies, nalgunhas ocasións en grupos familiares, o que ao mesmo tempo proporciona interesantes observacións de comportamento; neste mes é sinxelo ver como a vida abre camiño.

+
Arriba