Pazos e xardíns

Belas e enigmáticas, as camelias chegaron de Oriente da man dos navegantes portugueses e Galicia foi un dos primeiros lugares de Europa en lles dar a benvida, de modo que xa desde principios do XIX aledan os xardíns máis exquisitos. De feito, aquí se encontran tan a gusto que agora as camelias son galegas... E reservadas. 

Se queres descubrir os seus segredos, tes que te internar no seu ambiente, na Ruta da Camelia. Un suxestivo percorrido do norte ao sur de Galicia a través de 13 pazos e xardíns, públicos e privados, onde a camelia reina en todo o seu esplendor. Preto de 8.000 variedades en xardíns vinculados ao patrimonio histórico de Galicia. Como o Pazo Quiñones de León, cunha camelia cuxa copa mide máis de 15 m de diámetro, ou os exemplares de camelia reticulata dos Pazos de Oca e Santa Cruz de Ribadulla, quizais os máis antigos de Europa. 

Pazos e paisaxes dunha elegante decadencia, auténticos xardíns botánicos creados con esmero e sabedoría que, se sabes ver, te descobren os seus secretos de beleza.

Arriba
Axúdanos a mellorar!