Camelias xacobeas

Ao chegar a Compostela, as camelias vólvense xacobeas.

Acomódanse no bordón do peregrino, alumeando alegremente o repouso na Alameda. E contemplan a paisaxe feita de realidade e distancia que xorde como unha postal do horizonte. Emocionado, o viaxeiro, o peregrino rende contas; ás veces submisión, ás veces só reza, por máis que esta sexa unha imaxe clásica contemplada moitas veces. Cómplices, espalladas por toda a Ferradura, as camelias acompañan o seu gozo e respectan o seu silencio.

A Alameda de Santiago de Compostela é o punto de encontro natural entre o que era rural e agora é urbano. E a Ferradura o paseo que arrodea o monte onde carballos de aspecto inmemorial acubillan a ermida de Santa Susana que se ergue no lugar dun castro celta.

E no fondo desta antiga Carballeira; e á beira de paseos e vieiros e á sombra de limoeiros, plataneiros e palmeiras, hai lugar para as camelias e poetas; eternos os poetas, fuxidías as camelias.

E aínda que non sempre o viaxeiro se sinta peregrino, as camelias de Compostela non se poden separar da vieira: Camelias xacobeas.

Información visitas:
+34 981 542 451

Enlaces relacionados...

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba
Axúdanos a mellorar!