Baixo os dolmens galegos hai fabulosos tesouros enterrados...  Iso contan as lendas e algo debe de haber porque o que si se sabe é que están relacionados cos grandes ritos funerarios.

Os dolmens son construcións do Neolítico formadas por grandes laxas de pedra. En Galicia, coa abundancia de rocas de granito, os dolmens adquiren unha dimensión especial e sorprenden pola súa audacia construtiva.

Bo exemplo diso é o Dolmen de Dombate, que cun túmulo de 24 m de diámetro ben merece o nome de "a catedral do neolítico galego". E desde logo, non hai que esquecer outras dúas marabillas: o de Axeitos, impoñente e moi ben conservado, e os que se concentran no Concello de Muíños, 4.000 anos de antigüidade en todo o seu esplendor.

Xunta de Galicia

© 2016 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Galicia
Arriba