PR-G 197 RUTA DE CODESEDA - RAPA DAS BESTAS

Sendeirismo
1287
No Camiño de Santiago

Localización

A Estrada - Pontevedra

Coordenadas:
42º 37' 09.7" N - 8º 26' 14.8" W

Descrición

En Codeseda, iníciase esta longa senda que percorre as parroquias de San Xurxo de Codeseda e San Lourenzo de Sabucedo. Dada a súa lonxitude, recoméndase facela en dous aneis, utilizando a variante PR-G 197.1, entre o Santuario de Guadalupe na Agrela e Codeseda, para pechar os dous tramos.

O carreiro percorre un territorio con abundantes xacementos arqueolóxicos de orixe prehistórica, mosteiros e calzadas do medievo, así como igrexas, hórreos,  hórreas, muíños e pontes de factura máis actual.

As paisaxes e o relevo son diversos e en cada época do ano mostran grandes cambios e atractivos. Mestúranse zonas de ribeira de río con bosques autóctonos, así como paraxes de media montaña con praderías e coníferas. Estes últimos son o hábitat ocupado polos cabalos salvaxes que, ano tras ano, son conducidos ata o curro para celebrar a rapa das bestas de Sabucedo.

Acceso

Desde A Estrada ou desde Forcarei a través da estrada EP-7001.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata

Un plus

A RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO

Declarada Festa de Interese Turístico Internacional, celébrase a principios de xullo e é, probablemente, o curro máis coñecido de Galicia. Os seus loitadores enfróntanse aos cabalos de igual a igual, sen cordas nin varas, e entre tres homes vencen á “besta” en perigosa loita.

A festa e tradición nacen da necesidade de controlar aos equinos que viven libremente no monte. Os garañones e as bestas (cabalos e eguas) son conducidos desde as serras ata o curro onde, fortemente suxeitados, rápaselles, marca e insere un microchip de control.

Lonxitude

30,5 km. A variante mide 2,8 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Codeseda (Concello da Estrada)
Punto de partida: Codeseda (Concello da Estrada)

Percorrido

Codeseda, Fontenlo, Fragoso, río Umia, A Agrela, A Portela, Vilaboa, curro de Sabucedo, Sabucedo, Couto Mosqueiro, As Quintás, Codeseda.

Dificultade

Media - Alta

Duración

9 horas e media.

Material

Recoméndase ir preparado ante posibles inclemencias do tempo. Débense levar botas de montaña, provisións e auga.

Servizos

En Codeseda y Sabucedo.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto con reservas

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

153-I Codeseda, 153-III Cerdedo

Máis información

Concello da Estrada
Tel.: 986 570 165
turismo.aestrada.gal

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Etnografía
Interese paisaxístico
Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba