CASA DA VACARIZA

Civil
1211
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Berdeogas (Santiago)

Lugar: A Vacariza

15151  Dumbría - A Coruña

Coordenadas:
43º 02' 06.6" N - 9º 06' 08.6" W

Descrición

Construción orixinal do s.XVI; hoxe en ruínas, aínda que se integra nun conxunto arquitectónico e etnográfico de grande interese.
Trátase dun volume cúbico de dúas plantas, cun aspecto robusto debido ao emprego austero do granito en forma de grandes pezas de cantería. A fachada principal é a que centra todo o interese compositivo, xa que o conxunto caracterízase pola falta de aberturas nos parámetros verticais.
A porta de entrada aparece lixeiramente desprazada do centro e sobre ela colócase unha fiestra con lintel moldurado e con decoración a base de bólas. Ao seu carón outra fiestra, esta de dobre arquivolta, que arranca dun lintel recto, tendo a mesma decoración que a anterior. Entre elas, un tríptico labrado na pedra que representa tres figuras de animais.

Acceso

Dende a capital municipal do Concello de Dumbría, saír pola estrada DP-3404 cara o NO, no cruce xirar á dereita pola AC-552 dirección A Coruña. No seguinte cruce, volver xirar á dereita pola AC-442 dirección Berdeogas – Negreira – Santiago. Xa dentro de Berdeogas, coller á esquerda pola CP-3401, a 350m está a Casa da Vacariza á man esquerda da estrada.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba