Un percorrido en bicicleta pola única ruta xacobea con orixe en Compostela. Conclúe en Fisterra, o "fin do mundo" para os peregrinos que desde a antigüidade acudían a contemplar o espectáculo de ver morrer o Sol no Atlántico. Un Camiño para gozar da paisaxe, o patrimonio artístico, a gastronomía e o mar.

 

Un Camiño infestado de lendas, mitos, historia e tradición, de verdes paisaxes e vilas mariñeiras da Costa da Morte
Un Camiño para gozar da paisaxe, o patrimonio artístico, a gastronomía e o mar.
 

Propoñémosvos percorrer en bicicleta a única ruta xacobea que non acaba, senón que empeza, en Santiago de Compostela. E conclúe en Fisterra, verdadeiro fin do mundo para os peregrinos que de antigo acudían a contemplar o grandioso espectáculo de ver declinar o Sol no Atlántico. Un Camiño infestado de lendas, mitos, historia e tradición, de verdes paisaxes e vilas mariñeiras da Costa da Morte.

Día 1º

Santiago como punto de partida

Suxerímosvos chegar a Santiago de Compostela pola tarde. A cidade, aberta e hospitalaria, brinda toda clase de aloxamentos: albergues, hoteis con encanto e rurais, hostais ou pensións. A gran xoia è o Parador do Hostal dos Reis Católicos.

A visita obrigada á catedral

O primeiro encontro coa catedral dende a Praza do Obradoiro é emocionante. A praza recibe este nome porque durante case 100 años estivo en obras e era aquí onde os canteiros que picaban día tras día o granito para a súa construcción tiñan os ses obradoiros. Grazas a eles hoxe sentímonos marabillados pola maxestuosa fronte barroca, construida entre os séculos XVII e XVIII, presidida pola figura de Santiago Apóstolo vestido de peregrino con capa e bastón.

O Apóstolo está representado en todos os edificios que cerran a praza. Podedes identificalo como guerreiro montado no seu cabalo branco, como Apóstolo ou como Santo Peregrino. Para localizalo debedes fixarvos na fachada neoclásica do Pazo de Raxoi, na do Hostal dos Reis Católicos e na do Pazo de San Xerome.

O Pórtico da Gloria,
tallado polo Mestre Mateo,
é unha obra maestra do Románico español

Para coñecer o interior do templo subiremos pola súa magnífica escalinata, que en realidade son dúas, unha dentro da outra. Ao entrar veremos primeiro o famoso Pórtico da Gloria, obra mestra do Románico español tallada polo Mestre Mateo. Está formado por tres arcos, cuxas esculturas interpretan de maneira simbólica a Xerusalén celeste.
Encontraredes de novo ao Apóstolo Santiago na columna central de mármore, onde se representa a xenealoxía de Cristo e observaredes, a media altura, as pegadas que teñen deixado as máns dos peregrinos que tradicionalmente se apoiaban neste piar. Un dos ritos máis practicados é o abrazo ao Apóstolo no camarín do Altar Maior. Logo deterémonos ante as súas reliquias, gardadas nunha urna de plata, na cripta.

Un paseo polo casco histórico compostelán

Aconsellámovos dedicar o resto da tarde a explorar o casco histórico de Santiago, declarado Patrimonio da Humanidade. Deixade que vos sorprenda a arte feita pedra. Despois de contemplar as demáis fachadas e prazas que rodean a catedral, sentirédesvos cativados polas rúas de orixe medieval como a Rúa Nova e a Rúa do Vilar, o Preguntoiro, as Algalias (de Arriba e de Abaixo) ou Casas Reais. E coñeceredes o encanto de prazas como a do Toural ou Cervantes.

De tapas pola Rúa do Franco e A Raíña

Por tratarse da primeira noite en Santiago suxerimosvos que para cear optedes polas típicas racións galegas. Así gozaredes dalgúns dos pratos considerados imprescindibles na súa gastronomía como o polbo á feira, a carne ao caldeiro, a empanada, o raxo, a zorza, a orella de porco; mariscos das rías galegas como mexilóns, berberechos e ameixas; ou produtos de temporada como os pementos de Padrón ou as xoubas. Poderedes degustar todos estes manxares nas múltiples tabernas e restaurantes do casco antiguo. A Rúa do Franco e A Raíña concentran a maioría destes establecimentos.

Día 2º

De Santiago a Dumbría

Almorzamos no hotel e procuramos saír cedo coas nosas bicicletas, propias ou de alugueiro, para comezar canto a única ruta xacobea que se inicia en Compostela. Esta peregrinación remóntase aos albores do Camiño de Santiago, cando os romeiros sentían o desexo de proseguir ata Fisterra, o "Finis Terrae", o punto máis occidental do mundo por eles coñecido.

Abandonamos a Praza do Obradoiro ata chegar ao concello de Ames

A ruta parte da propia Praza do Obradoiro. Entre o Pazo de Raxoi e o Hostal dos Reis Católicos, onde se atopaba a antigua Porta do Peregrino, o Camiño descende por rúas como a Rúa das Hortas e continúa por Poza de Bar e San Lourenzo ata a súa fermosa carballeira centenaria, que Rosalía de Castro inmortalizou na súa obra Follas Novas.

Detrás está o antigo convento de San Lourenzo de Trasouto, de importante valor artístico e tamén botánico. No seu claustro garda unha gran e preciosa sebe de buxo centenaria, tallado con motivos xeométricos de simboloxía relixiosa.

Despois descendemos cara ao río Sarela, onde o verde empeza a imporse á pedra. Discorremos polo paseo acondicionado pola suá marxe, cruzándoo por estreitas pasarelas. Logo atravesamos pequenos núcleos rurais, bosques e outeirs ata chegar á estrada xeral, para baixar máis tarde ata Augapesada, no concello de Ames.

A singular beleza da aldea de Ponte Maceira

Axiña iniciamos a ascensión ao alto de Mar de Ovellas, onde podemos deternos a contemplar o val da Maía. Logo descendemos ata Ponte Maceira, un dos puntos de maior interese do tramo. Trátase dun conxunto monumental cuxo elemento significativo é a ponte sobre o río Tambre do século XIII. Tamén destaca o poboado primitivo, o muíño, a presa, a capela e o pazo moderno.

Ao outro lado da ponte seguimos o curso do río por un tramo empedrado e atopamos o Pazo da Chancela. Está rodeado dunha carballeira e parcialmente aberto ás visitas, así que podededes achergarvos. Fixádevos no seu escudo onde está labrada unha ponte partida. Representa a mesma que, segundo a lenda, afundiu cortando o paso aos soldados romanos que perseguían a Teodoro e Atanasio, discípulos de Santiago que regresaban de pedir autorización ao legado romano de Fisterra para poder enterrar ao Apóstolo.

Paramos a comer en Negreira, de afamada carne

Baixamos ata Negreira, que conta cunha variada oferta de aloxamento. Atravesamos a rúa principal da vila baixo un dos tres arcos que soportan a galería ameada e balaustrada que une o Pazo de Cotón coa capela de San Mauro, dos séculos XVII e XVIII respectivamente. Podemos examinar con máis detemento os seus doce escudos tras comer algo e descansar. O territorio e coñecido pola súa actividade gandeira e láctea, polo que vos suxerimos que vos decantedes por un prato de tenreira asada ou polo de corral ao forno, típicos da zona.

A xornada conclúe en Dumbría

Saímos de Negreira por unha pequena ponte sobre o río Barcala. A ruta coincide con algúns tramos do Camiño Real de Fisterra. Atoparemos interesantes exemplos de arquitectura popular, como o conxunto de hórreos de As Maroñas, no concello de Mazaricos.

Por momentos o Camiño discorre en zonas de altiplano, obtendo excelentes vistas. Dende as estribacións de Monte Aro podedes contemplar parte do río Xallas, o seu encoro e os seus vales. Chegamos ao lugar de Ponte Olveira, cuxa ponte medieval nos sitúa no municipio de Dumbría.

Concluímos a xornada na parroquia de Olveiroa. Xunto ao albergue hai varios aloxamentos onde cear, charlar sobre a etapa e descansar.

Día 3º

De Dumbría a Fisterra

Tras un bo almorzo, deixamos Olveiroa e enseguida alcanzamos a próxima poboación de Hospital, onde o Camiño se bifurca cara a Muxía e Fisterra.

Tomamos a ruta de Fisterra e axiña chegamos ás inmediacións do Santuario das Neves e despois à popular ermida de San Pedro Mártir, que ten unha fonte “milagreira” à que se lle atribúe a curación de varias doenzas.
Dende aquí o terreo ascende. Xa no alto, xunto ao Cruceiro da Armada, podemos contemplar por primeira vez a aínda afastada Fisterra, bañada polo Atlántico. Logo o terreo descende ata Cee, vila típicamente mariñeira, a onde chegamos polo Campo de Sacramento e a Rúa da Magdalena.

En Corcubión podemos darnos un baño na praia

Dende Cee divísase o vindeiro destino, Corcubión, declarado Conxunto Histórico-Artístico polas súas casas nobres e a súa arquitectura popular mariñeira. À entrada está a igrexa de San Marcos, un bo exemplo de gótico-mariñeiro e neogótico e declarada Ben de Interese Cultural.

Animámosvos a deixar de pedalear e gozar detidamente dun percorrido polo Paseo Marítimo, coas súas fermosas casas de amplas galerías e balcons que miran à ría. Ao longo da caminata atoparedes locais onde degustar deliciosas tapas.

Mesmo, se o tempo é propicio, podedes darvos un baño na praia de Quenxe, cara ao final da vila.

Chegamos a Fisterra, destino da nosa peregrinación

Trala sobremesa e o descanso poñémonos de novo en camiño cara a Fisterra, xa moi preto. Logo de pasar polas aldeas de Vilar, Amarela, Estorde e Sardiñeiro despedimonos de Corcubión nun miradoiro dende onde vemos Fisterra e o seu cabo. Alí chegamos despois de bordear durante uns dous kilómetros as formacións de dunas da fermosa e extensa praia de Langosteira. Aínda que o camiño vai en paralelo às dunas recomendmosvos percorrer este tramo a pé de praia, como adoitan facer os peregrinos.

No albergue público
darannos a “Fisterrá”,
a credencial que certifica
a nosa peregrinación ata esta vila

Entramos na vila mariñeira de Fisterra polo barrio de San Roque. Pasamos xunto à Cruz de Baixar, un secular cruceiro que ten labrado o Cristo Crucificado e no reverso María Inmaculada co neno Xesús. Ao seu lado contémplase unha preciosa vista do areal de Langosteira. Despois pasamos a rúa Catalina e a Real, onde está o albergue público e onde nos poden dar a “Fisterrá”, a credencial que certificará a nosa peregrinación ata esta vila.

A igrexa de Santa María das Areas, foco da tradición xacobea de Fisterra

O final da ruta continúa ata o Faro. Seguindo pola estrada que nos conduce ata alí atopámonos coa igrexa de Santa María das Areas, epicentro da tradición xacobea de Fisterra. Unha preciosa arcada, que se cree que formou parte do desaparecido hospital medieval de peregrinos, danos paso ao templo.
Aquí vemos brilar con luz propia o venerado Santo Cristo de Fisterra ante quen se prostraban os peregrinos despois de visitar ao Apóstolo dende a remota antigüidade. Esta talla gótica está envolta en lendas, pois dise que apareceu na costa tras ser botada à auga dende un barco durante unha tormenta. Cada Semana Santa os fisterráns celebran a Festa do Santo Cristo, declarada de Interese Turístico de Galicia.

Camiño do Cabo, dende os romanos contemplaban como o Sol se somerxía no mar

Despois da visita seguimos ascendendo pola mesma carretera. A metade da subida, a escultura dun peregrino medieval saénos ao paso. Máis adiante, o fito do quilómetro cero dános a benvida ao contorno do Faro. A entrada recíbenos A Serea, un edificio de finais do XIX destinado a usos turísticos, onde selan credenciais, obteñen estatísticas e ofrécennos a información que precisemos.
Atopámonos no lugar onde antigos xeógrafos grecorromanos situaban o Promontorium Nerium ou Ara Solis, altar de culto ao Sol, construido polos fenicios e que segundo a lenda o mesmo Apóstolo Santiago fixo destruir pouco después. Aquí os romanos e os pobos que os precederon asomábanse a súa “fin do mundo” para asistir ao grandioso espectáculo de ver o Sol somerxerse no océano.

Cea no entorno do porto

Para cear aconsellámosvos que vos acheguedes ao contorno do porto de Fisterra, lugar de maior actividade da vila. Nos restaurantes da zona preparánse os peixes e mariscos frescos e de temporada que aquí se desembarcan.
Logo podedes achegarvos à lonxa, un moderno edificio de aluminio azul e cristal que axiña identificaredes. É posible pasear polo seu interior xa que está acondicionado para as visitas turísticas. E, para pasar a noite, Fisterra conta cunha ampla oferta de aloxamento que inclúe albergues, hoteis -tamén rústicos e con encanto-, hostais e pensións.

Día 4º

Despedímonos de Fisterra visitando o seu castelo

O castelo de San Carlos atópase seguindo a estrada do porto, polo chamado Paseo Corveiro. É un castelo-fortaleza levantado no século XVIII, aínda que se reformou tralo incendio e destrucción parcial sobrevidos no asalto francés a Fisterra durante a Guerra de la Independencia. No seu interior alberga o Museo de Pesca.

Despois da visita suxerimovos poñer rumbo a Santiago de Compostela pois os seus excelentes servicios e a súa condición de nó de comunicación en Galicia facilita o regreso a casa.

Arriba
Axúdanos a mellorar!