É o Camiño de peregrinación a Compostela máis histórico. A aventura en todoterreo arranca en Ribadeo. Contornos de montaña, vales, ríos e unha gran diversidade de flora e fauna serán os nosos compañeiros de viaxe ata alcanzar a cidade de Santiago

O vadeo dos ríos, as corgas e outros accidentes xeográficos porán a proba a pericia dos condutores e proporcionarán experiencias emocionantes ao tiempo que didácticas

Animámosvos a vivir cinco días trepidantes sobre as cuatro rodas dun todo terreo. Seguiremos o contorno do Camiño do Norte cara a Santiago de Compostela e visitaremos lugares emblemáticos desta ruta, que comeza na primeira localidade galega do Cantábrico, Ribadeo. Escenarios montañosos e unha Reserva de la Biosfera ofrécennos paisaxes, flora e fauna de gran valor ambiental.

Más información...
- Parador Torre dos Andrade (Vilalba). Teléfono: 982 510 011. www.parador.es/es/parador-de-vilalba
- Museo Vivente do Mel (Arzúa). Teléfono: 981 508 072 www.abelleiro.com
- Catedral de Santiago. www.catedraldesantiago.es
- Mercado de Abastos de Santiago. www.mercadodeabastosdesantiago.com

Día 1º

A aventura arranca en Ribadeo
 

Ribadeo é unha localidade lucense e un dos enclaves estratéxicos e turísticos da costa cantábrica galega, separada de Asturias pola estreita e encaixada ría-estuario de Ribadeo. Aconsellámosvos que vos instaledes na vila a véspera nalgún dos hoteis, pensións, casas ou apartamentos rurais que conforman a oferta de aloxamento desta poboación, accesible pola Autovía do Cantábrico (A-8), a N-634 e a N-640. 

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

A localidade descansa sobre a desembocadura do río Eo no mar e no seu porto é un dos de maior tradición xacobea. Se vos animades a madrugar un pouco, no parque do Cargadeiro, ao norte da ponte dos Santos, teredes unha vista espectacular da vila co faro de Illa Pancha ao fondo.

A localidade é conxunto histórico-artístico e o seu emblema a arquitectura civil de entre os séculos XVIII e XX. No centro atópanse os mellores exemplos, como o pazo neoclásico de Ibáñez, que é a actual Casa Consistorial. E, en frente, a Torre dos Moreno, edificio modernista, uno dos máis representativos de Ribadeo. A dúas mazás, tamén podemos ver as casas indianas da Rúa de San Roque.

Os lamazais porán a proba a habilidade do condutor

Se contratáchedes un paquete turístico, a media mañá os recolleravos o guía e o conductor dos todoterreos. Dende Ribadeo pasaremos polas localidades de Vilaosende, As Anzas, O Valín, Covelas, Ferreiras, Curros e O Castro. O traxecto discorre por pistas aptas para a circulación deste tipo de vehículos.
A ruta comeza entre paisaxes de amplos prados verdes, campos de pasto e labranza nos que abunda o gando vacún e ovino. Pero pouco a pouco o terreo adquire maior altura, mentres circulamos paralelos à costa, cunhas vistas fantásticas do mar Cantábrico e os areais de Reinante.

Conforme nos afastamos da costa, os prados deixan paso a zonas de bosque e vemos como a fauna doméstica se substitúe pola salvaxe. Nesta parte os lamazais porán a proba a pericia do conductor ao volante, se o vehículo se ve atrapado nalgún deles. Esta circunstancia dános a oportunidade de aprender e practicar as técnicas de autorrescate dominadas polos expertos que nos acompañan. Trala emocionante experiencia continuamos o noso percorrido ata atopar o lugar idóneo onde facer un alto para degustar o picnic nun típico contorno campestre.
Debemos ter en conta que estamos en territorio da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón, de importante valor ambiental e paisaxístico, que en Galicia se configura arredor das concas fluviais do Eo e o Miño.

Camiño cara á cidade histórica de Mondoñedo

Unha vez descansados partiremos cara a Mondoñedo, cidade histórica no Camiño do Norte e unha das sete antigas capitais de Galicia. Intentaremos chegar a primeira hora da tarde para achegármonos ao seu rico patrimonio arquitectónico e artístico, moi ben conservado.

A catedral-basílica da Asunción, Monumento Nacional, é o emblema do seu pasado histórico como cidade episcopal. No seu interior sorprende cómo la luz se tingue de múltiples cores ao atravesar as vidreiras do rosetón oxival que adorna a súa fachada, realizado no século XIV. No noso paseo descubriremos máis edificios valiosos como o seminario de Santa Catarina; o hospital de San Paulo ou o Santuario dos Remedios, entre outros.

En Vilalba probamos o típico queixo afumado

Rematada a visita subimos aos 4x4 para transitar de novo por pistas de terreo alternativas ao asfalto e de grande interese paisaxístico. O itinerario é o seguinte: de Mondoñedo volvemos a Curros para dirixirnos a Miravales e, en A Valiña, subir a Monte Maior. Despois de Suarriba, baixamos cara a Penas e pasamos por Fabás, O Areal e A Moura. Dende aquí nos dirixímonos a Vilalba, capital da Terra Chá, a onde chegamos para cear.
Aconsellámosvos ir de tapas polos mesóns, tabernas e locais do casco histórico e catar os seus excelentes produtos, como o estupendo queixo afumado da Denominación de Orixe San Simón da Costa. E non perdades de vista a Torre dos Andrade, o símbolo da vila convertido en Parador, que se suma à oferta hotelera de calidade da poboación.

Día 2º

De Vilalba a Arzúa
 

Tralo almorzo, saímos de Vilalba cedo para achegármonos a Bustelo pola LU-6517 e cruzar o río Labrada en Ponte de Meire. Se as enchentes do río, especialmente en épocas de chuvia, inundaron o camiño habitual pode que debamos variar o noso percorrido. A neve e os ríos formados do desxeo serán os nosos compañeiros de viaxe, segundo a época do ano.

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

De aquí a Xestoselo, cruzamos a LU-170 á altura do Vilariño para continuar en dirección Saá. Os montes que atravesamos teñen unha altura de máis de 800 metros, que nos permiten obter unha espléndida vista dos vales. Comenzamos o descenso e, despois dun parque eólico, podémonos deter na área recreativa de San Xoán e o seu encoro.

Despois, continuamos co descenso para cruzar a A-6, a N-VI e a vía férrea para, empregando o antigo e deteriorado asfalto da primitiva N-VI, internámonnos na Serra da Cova da Serpe. Neste sistema montañoso viven xabarís, zorros e lobos, aínda que resulta difícil velos. É probable que atopemos coellos, perdices, esquíos e outros pequenos animaliñs como musarañas, ratos de campo, cobras e serpes. Tamén é habitual divisar aguias, córvidos e falcóns. Segundo imos baixando cara a Teixeiro os bosques de piñeiros van deixando paso aos pastos e os seus habitantes naturais, as vacas, xa que esta é zona de gran producción leiteira.

Na Serra da Cova da Serpe veremos
coellos, esquíos, musarañas e
ata aguias e falcons.

Paramos a comer en Teixeiro, cocido ou bacallau ao forno

Seguimos achegándonos à A-6, pasando antes polo O Sanguiñedo, e en Pardiñas cruzámola circulando paralelos a ela ata a N-634. Axiña a abandonamos para rodear Teixeiro pola Pedreira, atravesar a AC-231 na poboación de Foxado e, despois da A Baiúca, rematar en Teixeiro. Faremos unha parada nesta localidade para almorzar un bo cocido ou un bacallau ao forno, cuns ricos feixós (filloas) de sobremesa, especialidades dos restaurantes locais.

De Sobrado dos Monxes a Arzúa

A A ruta da tarde é a máis tranquila, aínda que non exenta de emocións, pois teremos que vadear algún río para chegar ao noso destino. A primeira parada será en Sobrado dos Monxes a media tarde. Podemos aproveitar para visitar o Mosteiro de Santa María de Sobrado, Monumento Nacional, fundado hai máis de mil años. Dende aquí, nun pequeño paseo podemos achegármonos á lagoa de Sobrado, rodeada de prados naturais e manchas de piñeiro e ameneiro nun contorno montañoso e agrícola de gran beleza paisaxística.

Ao rematar a visita, xa sobre as cuatro rodas, alcanzaremos Arzúa. Podemos aloxarnos nalgín dos seus hoteis, pensións ou nas próximas casas de turismo rural; e cear no aloxamento escollido ou en cualquera outro establecimiento de restauración da poboación.

 

Día 3º

De Arzúa a Santiago de Compostela
   

Unha cascada de 32 metros e un museo dedicado ao mel

Cando esteades listos pola mañá suxerímosvos que vos acheguedes a un recurso natural de gran beleza, moi próximo á aldea de Dombodán. Trátase da Fervenza das Hortas, unha fervenza do río Saímes, xusto antes da súa confluencia co Ulla, de 32 metros de caída dobre.

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Tamén está cerca Portodemouros, onde se localiza o Museo Vivente do Mel, que podemos visitar se somos amantes da apicultura ou dos seus produtos ou se nos atrae a etnografía. Aquí revélannos cómo cultivaban o mel os nosos antepasados. No exterior podedes admirar a reproducción dunha alvariza (colmenar) chea de cortizos, trobos e covos e un chineiro tradicional. Como contrapunto veremos un apiario moderno e no interior podemos seguir os procesos de extracción, decantación e envasado do mel. Na tenda atoparemos todo tipo de produtos relacionados coas abellas: mel, pole, xelea real e mesmo cosméticos.

A media mañá e se o tiempo acompaña, un baño no encoro de Portodemouros pode darnos enerxías para reemprender aa ruta por estrada.

Comemos galo en O Pino

Na etapa do Camiño Arzúa-O Pedrouzo e entre éste e Santiago es posible facer a ruta en 4x4 por pistas anchas e accesibles que discorren próximas ao trazado histórico. Pararemos a comer en O Pedrouzo, concello de O Pino, onde a especialidade é o Galo Piñeiro, unha raza de galos autóctona que se pode degustar ao forno ou en guiso. A súa festa gastronómica celébrase a principios de agosto.

Chegamos a Santiago de Compostela

Pola tarde subimos de novo ao todo terreo para iniciar un percorrido que transcorre polas inmediacións da Lavacolla e nos achega ao Monte do Gozo, unha pequena elevación dende a que os peregrinos ven por primeira vez as torres da catedral. Dende o Ano Santo do 93 transformouse nunha zona dotada de todos os servizos para peregrinos: albergues, hotel, restaurante e cafeterías. Se nos apetece palpar o ambiente de la peregrinación xacobea antes de chegar a Santiago éste é o lugar idóneo.

“Por el Camino de Santiago,
los caminantes vienen levantando
nubes de polvo heroico
desde hace ya muchos siglos”
.
Camilo José Cela

Alcanzamos Santiago de Compostela ao atardecer, polo que teremos que pospor a visita á catedral para o día seguinte. Pero podemos gozar dun percorrido polas animadas rúas do casco histórico mesturándonos entre peregrinos, universitarios, turistas e composteláns. Para cear, os aconsellámosvos ir de tapas polas rúas da zona vella, onde atoparedes as típicas racións galegas de empanada, polbo á feira, carne ao caldeiro, berberechos, mexilóns, raxo, zorza, pementos de Padrón, xoubas ou mesmo orella, entre outras. Regarémolas con viño das diferentes denominacións de orixe de Galicia, sen esquecer a Torta de Santiago de sobremesa.

En canto ao aloxamento, Santiago conta cunha variada oferta hoteleira que se adapta a todos os gustos e necesidades.

Día 4º

Descubrimos os tesouros que garda a Catedral de Santiago
    

Visita ás cubertas da catedral

Despois de almorzar proponémosvos coñecer a catedral dende unha perspectiva diferente, subindo as súas cubertas. Trátase dunha visita guiada que inclúe dous percorridos consecutivos.

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Primeiro o do Pazo de Xelmírez, unha das principais construccións civís do románico español e centro del poder feudal exercido pola igrexa en Santiago. Asombraravos a gran bóveda de crucería de 32 metros de lonxitude do Salón Sinodal, cuxas ménsulas están decoradas con escenas dun animado banquete.

Logo ascendemos polas estreitas escaleiras da torre del Palacio para percorrer os tellados graduados do templo en toda a súa extensión, o que nos permitirá entender moito mellor as distintas idades da catedral e os seus respectivos estilos. Teremos ao alcance da noas man as torres, cúpulas e pináculos da catedral. E coa la vista dominaremos os tellados de Santiago ata perdermonos nos montes circundantes.

Os restos do Apóstolo están
custodiados nunha urna de prata,
na cripta da catedral

Despois entramos na catedral dende a Praza do Obradoiro, coa impresionante fachada barroca presidida polo Apóstolo Santiago de peregrino con capa e bastón. Ascendemos pola dobre escalinata do templo e no interior topamos coa magnífica vista do Pórtico da Gloria, obra mestra da escultura románica española. De novo o Apóstolo Santiago no parteluz, onde a media altura tamén acharemos as pegadas dos peregrinos afundidas na mármore. Son moitos os tesouros e ritos que esconde la catedral, entre eles abrazar ao Apóstolo ascendendo ao camarín do altar maior ou deterse ante as súas reliquias, gardadas nunha urna de prata na cripta.

Comemos no casco histórico e exploramos os seus xardíns

Chegada a hora de comer, aconsellámosvos probar os excelentes peixes en caldeirada ou á galega. E los mariscos das rías galegas, preparados ao vapor, á grella ou acompañados de salsas diversas. Atoparemos estes manxares nos restaurantes ou marisquerías da Rúa do Franco, A Raíña e outras do contorno.

Pola tarde animámosvos a descubrir os xardíns e parques do casco histórico. O máis popular, a Alameda, pulmón verde. O Paseo dos Leóns proporciónanos unha das mellores vistas frontais da catedral, sobre todo coa luz do atardecer. Camelias centenarias, eucaliptos xigantes, vellas carballeiras, esculturas, fontes e mesmo algunha igrexa entretendrán o noso percorrido.

Outro estupendo miradoiro sobre a cidade é o Parque de San Domingos de Bonaval, asentado na ladeira oeste do Monte da Almáciga. Conta con espazos de gran beleza e moi singulares, como un cementerio desacralizado, cuxa especial acústica e ambiente fai que o contorno se empregue como escenario de espectáculos musicais.

Para a cea propoñémosvos probar algún dos pratos creados polos chefs da nova cocina galega nos restaurantes de autor da cidade.

Día 5º

Despedímonos de Santiago no Mercado de Abastos
 

Como despedida de la ciudad, una visita al Mercado de Abastos resulta unha experiencia enriquecedora.

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

É un lugar vivo onde atoparse con moitos composteláns e con todo o que o mar e a terra galega producen. Peixes e mariscos frescos da ría, excelentes carnes, queixos artesáns, mel, flores… e mesmo polos de corral vivos ou outros produtos das hortas próximas véndense nesta praza.

No seu contorno existen restaurantes que por un prezo acesible nos prepararán os produtos adquiridos no mercado.

Xunta de Galicia

© 2016 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Galicia
Arriba