Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Mananciais de Galicia > Engadir á "Miña viaxe"

Balnearios e Talasos

A Galicia, unha terra callada de lendas, de literatura e ata de cancións populares dedicadas ás súas augas, a tradición termal vénlle de lonxe. Xa os romanos, que sabían ben o que facían, souberon utilizar os seus moitos mananciais para mellorar a saúde, mais tamén para divertirse e relaxarse. Por outra parte a xeografía galega está sementada daquelas pozas de sandar nas que os nosos tataravós encontraban alivio.
Durante a época dourada do termalismo -de mediados do s. XIX a comezos do s. XX- os balnearios galegos con máis tradición convertéronse en grandes centros sociais que congregaban a flor e a crema da sociedade.
Desde hai uns anos os balnearios viven un segundo renacer.
Moitos recuperaron a súa gloria de outrora incorporando instalacións de vangarda. Así atraeron un público máis novo, que, ademais dos seus tradicionais fins terapéuticos, buscan uns días de acougo e coidados, aboando a idea de que non é preciso estar enfermo para ir a un balneario. Outros, de nova planta, abriron as súas portas ligados a hoteis de ata catro e cinco estrelas
Non obstante, máis que a cantidade de balnearios e talasos o máis salientable é a súa variedade, que permite que cada cliente atope, sen saír de Galicia, o que máis se axuste ás súas necesidades, gustos ou orzamento: dende un modesto balneario tradicional no que mellorarse dalgunha afección ata un establecemento á última no que optar por un tratamento de relax, estética ou saúde, ou mesmo combinar todas estas facetas ao tempo que se goza da natureza, dos deportes ao aire libre e, claro, da gastronomía local.

Ampliar
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba