Talasos de Galicia

O nome de talasoterapia provén do grego thálassa, que significa mar, e therapeia, curación. A diferenza dos balnearios, que utilizan augas mineromedicinais, os centros de talasoterapia sérvense con fins preventivos ou terapéuticos da auga mariña e outros elementos da súa contorna coma algas, limos, lodos e ata o aire mariño, motivo polo que teñen que estar inevitablemente preto da costa.

Outro requisito fundamental destes centros é contar cunha tecnoloxía capaz de asegurar a pureza da auga captada e o seu constante reciclado. Esta auga, quentada a 37 ºC, facilita a absorción a través da pel de oligoelementos e minerais, polo que, ademais de hedonistas programas de relax e beleza, a talasoterapia está moi recomendada para recuperarse de traumatismos e intervencións do aparello locomotor, procesos reumáticos e desgaste articular, así como de afeccións respiratorias, cutáneas ou xinecolóxicas.

Xunta de Galicia

© 2016 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Galicia
Arriba