O paraíso podería estar aquí. No suroeste de Galicia, desde o Monte Louro en Muros ata a desembocadura do Miño, as Rías Baixas despregan o seus encantos en azul e verde, as cores dun mar que se interna na terra. Praias, illas, viñedos, sendas, pazos, igrexas, mariscos, camelias, balnearios... Noia, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo, Pontevedra, Marín, Cangas, Vigo, Mondariz, Baiona, Tui, A Guarda… Paisaxes con historia, pequenas vilas mariñeiras e cidades para gozar en calquera época do ano.

As Rías Baixas son sinónimo da mellor gastronomía de Galicia. Peixes e mariscos co sabor do auténtico, que como non, se desfrutan máis cando se acompañan co viño propio destas terras, un viño da D.O. Rías Baixas. Para moitos, un dos mellores brancos do mundo. E no Baixo Miño, fértil e alegre, o mellor da horta.

Xunta de Galicia

© 2016 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Galicia
Arriba