Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Paseando entre viñedos > Engadir á "Miña viaxe"

Paseando entre viñedos...

Ruta do viño Ribeira Sacra

Ruta do viño Ribeira Sacra

Ruta do Viño da Ribeira Sacra
Rúa do Comercio, 6-8
27400 Monforte de Lemos. Lugo
Tel: +34 982 410 968
Fax: +34 982 411 265
www.ribeirasacra.org
rutavino@ribeirasacra.org

Ampliar
  • Santo Estevo de Ribas de Sil
    Santo Estevo de Ribas de Sil
  • Santa Cristina de Ribas de Sil
    Santa Cristina de Ribas de Sil
  • Mosteiro de Santa María de Montederramo
    Mosteiro de Santa María de Montederramo
  • Mosteiro de Xunqueira de Espadanedo
    Mosteiro de Xunqueira de Espadanedo

De interese...

Froito deste legado son as terras do Sil e do Miño, cun valioso patrimonio de mosteiros - que irradiaron arte, cultura e progreso material a toda Galicia.

  • Ribeira Sacra - Cabo do Mundo

A Ribeira Sacra integra un conxunto de vinte municipios pertencentes ao sur da provincia de Lugo e ao norte de Ourense, no interior de Galicia. O seu elemento aglutinador é o curso fluvial dos ríos Miño, Sil e Cabe, que discorren cara á súa confluencia a través de gargantas ou canóns de forte verticalidade, configurando así unha paisaxe única e unha terra singular.

De aí o nome Ribeira Sacra (Rivoyra Sacrata), do que existe constancia escrita desde o século XII; ao longo dela atopamos cenobios como o de San Estevo de Ribas de Sil (hoxe Parador), Santa Cristina, San Pedro de Rocas, Xunqueira de Espadanedo, Montederramo, Ferreira de Pantón, igrexas como as de San Paio de Diomondi, San Miguel de Eiré,...-.

Neste territorio atopamos tamén dólmenes e medorras prehistóricos que evidencian un poboamento temperán, continuado con importantes pegadas de presenza romana. Os espectaculares miradoiros sobre o Canón do Sil son visita obrigada para admirar a monumentalidade da paisaxe.

Nas ribeiras soleadas os viñedos descenden en socalcos ata cerca do río mentres que unha vexetación de carballos, castaños e bidueiros complementa desde a outra beira a riqueza cromática do panorama; a particularidade e dificultade desta orografía permite que na Ribeira Sacra se fale de Viticultura Heroica.

Propoñémosche estes plans...

ver máis...
Ribeira Sacra

XEODESTINO

Ribeira Sacra

As augas do Sil e do Miño corren a se atopar creando un contorno divino, a Ribeira Sacra...

Gastronomía de Galicia

Gastronomía de Galicia

En Galicia non podes deixar de gozar da súa Gastronomía...

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba