Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Visita estes... destinos > Xeodestinos > Terras de Santiago Engadir á "Miña viaxe"

Terras de Santiago

Destacado... Cidade da Cultura de Galicia

  • Cidade da Cultura de Galicia

  • Cidade da Cultura de Galicia

Situada en Santiago de Compostela, emblema da tradición cultural europea e cuxa cidade histórica foi declarada Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO en 1985, a Cidade da Cultura de Galicia érguese, na cima do monte Gaiás, como un formidable fito arquitectónico do novo século. Deseñada polo arquitecto americano Peter Eisenman para acoller as mellores expresións da cultura de Galicia, España, Europa, Latinoamérica e o mundo, esta nova "cidade", inclusiva e plural, contribuirá a responder aos desafíos da sociedade da información e o coñecemento.

Os seus singulares edificios, interconectados por rúas e prazas e dotados dun avanzado nivel tecnolóxico, configuran un espazo de excelencia para a reflexión, o debate e a acción orientados cara ao futuro de Galicia e a súa internacionalización. Nos seus espazos, acollerá servizos e actividades destinados á preservación do patrimonio e a memoria. Tamén estarán presentes o estudo, a investigación, a experimentación, a produción e a difusión nos ámbitos das letras e o pensamento. Haberá espazo para a música, o teatro, a danza, o cine, as artes visuais, a creación audiovisual e a comunicación.

Como lugar de confluencia e de proxección internacional, a Cidade da Cultura de Galicia revitalizará no século XXI a dobre vocación viaxeira e hospitalaria do pobo galego, contribuíndo, desde o ámbito cultural, ao seu desenvolvemento económico e social.

 

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba