Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Paseando entre viñedos > Experiencias > Engadir á "Miña viaxe"
O Ribeiro

XEODESTINO

O Ribeiro

O Ribeiro é terra de fértiles vales sucada por numerosos ríos como o Miño, o Arnoia ou o Avia. O Ribeiro é sinónimo de viño...

Paseando entre viñedos

Priorado do Ribeiro

Relaxarémonos nas augas mineiromedicinais dos balnearios, faremos un percorrido en catamarán polo Miño, coñeceremos adegas e mosteiros e chegaremos ao barrio xudeu de Ribadavia.

Interésache!

  • Inicio: A Arnoia
  • Final: A Arnoia
  • Xornadas: 3
As adegas que se propoñen neste itinerario son un exemplo das moitas que podedes atopar ao longo e ancho do territorio que forma a Denominación de Orixe, dende as modernas e grandes como a da Cooperativa do Ribeiro ás máis pequenas, de colleiteiro, cun trato máis familiar e próximo.

O Ribeiro é a comarca produtora de viño máis ancestral de Galicia. Os ríos Miño, Arnoia, Avia e Barbantiño conflúen nela, deixando ao seu paso unha frondosa vexetación de ribeira intercalada con viñedos e hortas. Nas súas ladeiras disemínanse igrexas, mosteiros, pazos, castros e xuderías, así como fontes termais, que resucitan nunha nova idade de ouro para os seus balnearios.

Máis información...
-Adega Pazo de Casanova. www.pazocasanova.com
-Adega Viña Meín. www.vinamein.com
-Balneario da Arnoia. Teléfono: 988 492 400
-Balneario de Cortegada. Teléfono: 988 483 276

Percorrido - Día 1º

A Arnoia ábrenos as portas á comarca vitivinícola máis antiga de Galicia

 

Ampliar

A Arnoia será o lugar elixido como punto de partida para introducirnos na comarca vitivinícola máis antiga de Galicia, O Ribeiro. Neste concello, situado na marxe do encoro de Frieira, dáse o paradigma da harmonía entre viño, auga e termalismo que atoparemos noutros lugares da comarca.

O Balneario da Arnoia

A localidade conta na súa oferta de aloxamento cun establecemento hoteleiro con encanto rehabilitado sobre un antigo priorado cisterciense. Tamén existe un moderno hotel que alberga un balneario de augas hipotermais; emanan a 22 graos e a súa composición sulfurada e fluorada é a axeitada para combater afeccións reumáticas, dermatolóxicas ou respiratorias.

Recomendámosvos chegar cedo pola tarde se queredes aproveitala relaxadamente neste balneario, que se aterraza nunha ladeira en pendente, tal como fan aquí os viñedos. Dende o seu enclave privilexiado mira cara ás augas encoradas e aos bosques da ribeira do Miño. É a mesma paisaxe que veremos dende as súas piscinas exteriores e interiores.

Percorrido en catamarán polo río Miño

Se o tempo é propicio, pola tarde podemos completar a balneoterapia cun percorrido en catamarán polo río Miño. Practicamente aos pés do balneario atópase o embarcadoiro de madeira. A travesía discorre por estas augas tranquilas durante máis dunha hora, acompañados en todo momento de viñedos e de carballos, salgueiros, ameneiros ou bidueiros. Segundo a época do ano tinguiranse de verdes, marróns, vermellos ou amarelos.

Chegaremos a outra poboación termal, a de Cortegada, cuxo balneario vemos exhibirse maxestoso na marxe do río, arroupado polo bosque ás súas costas. Se non é primavera ou verán aconsellámosvos concertar a viaxe coa empresa organizadora con anterioridade. No balneario poderán axudarvos a contactar con ela ou xestionalo directamente.

Os típicos pementos da Arnoia preséntanse de maneiras moi diversas, mesmo en xeado

Á hora de cear, para acompañar a un viño ribeiro podemos pedir produtos tradicionais, e, se estamos en temporada, gozar tamén dun dos manxares estrela da comarca: os recoñecidos pementos da Arnoia. Están exquisitos fritos, recheos ou en tortilla. Mesmo se serve xeado de pementos. En agosto celébrase a festa de exaltación do produto, declarada de interese turístico.

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba