Ao leste da Mariña de Lugo atopamos dúas rías de características diferentes, excepcionais sobre todo en outono e inverno; se o tempo é frío no norte e centro de Europa, as aves poden contarse por milleiros.
Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
A MIÑA VIAXE
Ao leste da Mariña de Lugo atopamos dúas rías de características diferentes, excepcionais sobre todo en outono e inverno; se o tempo é frío no norte e centro de Europa, as aves poden contarse por milleiros.
Durante a migración outonal son moitas as especies que recalan en ambas as rías e que han deleitar os observadores esixentes. O recortado tramo de costa que existe entre as dúas vainos deparar aínda máis observacións de interese. A ría de Ribadeo, compartida coa veciña Asturias, é unha grande entrada perpendicular á costa que penetra na terra ata o esteiro do río Eo; pola súa banda, a de Foz é de menor tamaño pero máis aberta.
Destacan nelas as grandes extensións de lamas intermareais que poden alimentar unha gran cantidade e variedade de aves, pois sobre elas vive a Zoostera, unha planta mariña con aspecto de prado, extraordinariamente rica. Entre ambas as rías encontramos unha costa moi recortada na que as praias e os cantís se alternan nunha sucesión continua. A máis famosa destas praias é sen dúbida a das Catedrais. Trátase dun tramo moi apropiado para a observación de aves en migración e estadía invernal.
Entre novembro e a primeira quincena de febreiro
13 Km
3 horas en coche, 5 horas en bicicleta
Ningunha
Ribadeo
Ría de Ribadeo
Puntos clave da ruta:
De agosto a febreiro
13 km
2 horas en coche, 4 horas en bicicleta
Ningunha
Barreiros, Foz
Ría de Foz
Puntos clave da ruta:
De agosto a maio
7 km
3 horas a pé, 2 horas en bicicleta
Ningunha
Ribadeo
Faro de Ribadeo - Punta dos Corvos (Rinlo)
Puntos clave da ruta:
As rías de Ribadeo e Foz acollen durante o inverno centos de aves acuáticas. Destaca a presenza de diferentes anátidos como os patos rabilongos, patos asubiadores, cristados e chupóns. Son abundantes as garzas reais e as garzotas pequenas, os corvos mariños grandes e limícolas como os mazaricos reais ou gaivotas de diferentes especies. Tamén podemos observar outras especies menos comúns, como o mergullón de pescozo negro, o ganso de cara negra ou o pato bastardo.
En mar aberto é frecuente o paso de aves mariñas como o mascato do atlántico ou o pentumeiro común. Na costa rochosa ocasionalmente podemos rexistrar a presenza de escribentas das neves.
Os mellores momentos para realizar avistamentos son cando sobe a marea ou cando comeza a baixar. Daquela cómpre que evitemos a marea chea e a marea baixa, xa que neses momentos a observación nas rías é máis complicada.
Especialmente na ría de Ribadeo, a primeira hora da mañá imos ter o sol de fronte, polo que habemos obter mellores observacións conforme nos achegamos ao mediodía.
É aconsellable o uso do telescopio en ambas as rías.
Transitar só polos camiños, tendo conta de non invadir as leiras.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.