No medio da provincia de Ourense érguese un poderoso macizo no que as aves de montaña teñen un dos seus mellores refuxios.

Refuxio de aves de montaña

A aparente suavidade do relevo do Macizo Central contrasta coa abrupta realidade da súa contorna. Fondos vales pouco transitados ábrense paso acollendo hábitats notables nos que salientan o sobrio monte baixo, as fragas e as penedías.

Os seus contrastes climáticos son rechamantes, desde a dureza dos cumios á suavidade das zonas baixas, e proporcionan unha grande diversidade de ambientes. Os soutos, con exemplares centenarios, son algunhas das formacións boscosas máis interesantes de Galicia, tanto desde o punto de vista natural como desde o cultural.

Os roteiros
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Roteiro en coche: A Cabeza Grande - Paradela

MELLOR ÉPOCA

De abril a setembro

DISTANCIA

22 Km

DURACIÓN

2 horas

DIFICULTADE

Ningunha

CONCELLOS

A Pobra de Trives, Manzaneda

PERCORRIDO

A Cabeza Grande - Paradela

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Puntos clave da ruta

  1. Desde a estrada da Pobra de Trives, desviámonos en dirección á estación invernal (1). O comezo da ruta é un excelente lugar para observar, entre outras, á tartaraña cincenta e á laverca.
  2. Nos bosques de piñeiros (2) podemos ver un bo número de aves forestais como a estreliña riscada, o ferreiriño cristado ou o peto real. As zonas do bordo ofrécennos aves de montaña como o tordo charlo.
  3. A continuación, podemos subir ata a contorna da estación invernal (3), onde anotaremos lagarteiro común, tartaraña cincenta, gatafornela e, con sorte, papoazul.
  4. Polo camiño a Paradela (4) seguiremos atentos á aparición da gatafornela, a aguia cobreira ou o miñato abelleiro, entre outras.

Roteiro a pé: Contorna de Cabeza de Manzaneda

MELLOR ÉPOCA

De abril a setembro

DISTANCIA

5,2 Km

DURACIÓN

2 horas

DIFICULTADE

Media

CONCELLOS

Chandrexa de Queixa, Manzaneda

PERCORRIDO

Contorna de Cabeza de Manzaneda

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Puntos clave da ruta:

  1. Ao inicio da ruta (1) podemos observar papoazul, laverca e lagarteiro común.
  2. Nos hábitats de matogueira (2) son frecuentes os chascos comúns, a pica alpina e a laverca.
  3. A afluencia de rapaces á zona é importante. En calquera momento (pero especialmente desde mediados do verán) é posible ver voitre leonado, voitre negro, aguia real, aguia cobreira, gatafornela ou lagarteiro común, entre outras.

Roteiro a pé: Chaguazoso - A Cenza

MELLOR ÉPOCA

De abril a setembro

DISTANCIA

10 Km

DURACIÓN

4 horas

DIFICULTADE

Media

CONCELLOS

Vilariño de Conso

PERCORRIDO

Chaguazoso - A Cenza

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Puntos clave da ruta:

  1. Partimos de Chaguazoso (1), onde se poden ver andoriñas comúns e de cu branco.
  2. Nas leiras da contorna (2) podemos buscar entre as sebes o picanzo vermello.
  3. Nas partes máis altas (3) imos ver aguia cobreira, choia, laverca, merlo rubio e o escaso chasco norteño.
  4. Non habiamos marchar sen espreitar o pantano (4), pois pode que haxa algunha ave acuática de interese.
As aves

As amplas extensións de monte baixo aprovéitanas especies ameazadas como a gatafornela, a aguia real e a fuxidía charrela. Nalgúns matos cantan os último papoazuis. Polo ceo pairan os voitres, tanto os leonados coma os máis escasos voitres negros. Nos soutos encontran uns espazo favorable o peto formigueiro e o rabirrubio de testa branca.

Consellos e recursos
  • Estamos nunha área de montaña, polo que no inverno as estradas pode que non sexan transitables por mor da neve; é fundamental estar atentos á previsión meteorolóxica.

  • No verán temos que usar protector solar e levar auga.

  • É importante manterse sempre dentro dos camiños marcados

  • Nas excursión é habitual encontrar gando, posto que é o medio de vida de moitas persoas. Non podemos molestalo e debemos darlle prioridade de paso
     

Arriba