O macizo granítico que compartimos con Portugal é dunha extraordinaria singularidade paisaxística e natural. Nos seus cumios, as aguias reais defenden o seu territorio.
Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
A MIÑA VIAXE
O macizo granítico que compartimos con Portugal é dunha extraordinaria singularidade paisaxística e natural. Nos seus cumios, as aguias reais defenden o seu territorio.
Ao sur de Galicia e limitando con Portugal esténdese o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, irmán do Parque Nacional Peneda-Gerês de Portugal, polo que, en conxunto, constitúen un espazo natural protexido de grandes dimensións que conforma a Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés.
Dividido en dous polo río Limia, a granítica xeoloxía do macizo condiciona a paisaxe dominada por afloramentos rochosos e profundos vales que conforman as diferentes serras do Parque Natural. Nas partes baixas, pequenas aldeas rodeadas de cultivos e pequenos bosquetes conforman un conxunto de gran beleza e interesantes poboacións de aves.
De marzo a setembro
19 Km
2 horas
Ningunha
Entrimo
Padrendo - Lantemil - Olelas
Puntos clave da ruta
De marzo a setembro
7 Km
2 horas
Baixa
Muíños
Requiás - Ermida do Crasto - Guntimil
Puntos clave da ruta:
De abril a setembro
6,3 Km
2 horas
Baixa
Entrimo
Queguas - Leboreiro
Puntos clave da ruta:
Ameazada de extinción, a aguia real é obxecto dun programa de reforzo da poboación que ten no Xurés o seu epicentro. Así, nas partes altas é común observala canda outras rapaces como a aguia cobreira ou os voitres leonados e negros. Nos piñeirais destaca sen dúbida o cruzabico común.
Estamos nun Parque Natural, polo que debemos respectar a súa normativa. Na zona hai moito risco de incendio en temporada seca.
Na primavera e no verán pode ir moita calor, polo que cómpre usar protección solar e levar auga en abundancia.
As estradas son estreitas e sinuosas, hai que conducir con moita atención.
É habitual atopar gando nas excursións, xa que é o medio de vida de moitas persoas. Non debemos molestalo e darémoslle prioridade de paso.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.