Na metade da provincia de Ourense, unha discreta e pouco coñecida serra garda hábitats en excelente estado de conservación e un bosque singular: o bidueiral de Montederramo. 

A serra discreta

Contigua ao Macizo Central ourensán, a Serra de San Mamede non parece destacar no conxunto. Non obstante, é unha zona de montaña esgrevia e encerellada que acubilla moitos tesouros naturais.

Os seus importantes e ben conservados hábitats de matogueira limitan con bosques singulares (especialmente o  b). Nas partes de menos altitude, completan a paisaxe mosaicos de campiña de gran valor natural e cultural con algunhas aldeas esparexidas.

Os roteiros
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Roteiro en coche, en bicicleta ou a pé: Montederramo - Bidueiral

MELLOR ÉPOCA

De marzo a setembro

DISTANCIA

11 km, só ida

DURACIÓN

1 hora en coche, 2,5 horas en bicicleta ou 4 horas a pé (só ida).

DIFICULTADE

Ningunha

CONCELLOS

Montederramo

PERCORRIDO

Montederramo - Bidueiral de Montederramo

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Puntos clave da ruta

  1. O primeiro tramo, ata A Mogaínza, está asfaltado, polo que podemos combinar a ruta nun vehículo e a pé. Desde Montederramo (1) a Gabín (2) o itinerario transcorre por unha extraordinaria paisaxe en mosaico na que podemos observar miñato común, gabián común, tordo e estorniño negro, entre outras.
  2. De Gabín á Mogaínza cruzamos por unha área de bosque (3) na que son frecuentes o gabeador común, o azul e o azor común.
  3. Desde A Mogaínza, a ruta avanza por unha zona de monte na que se deixan ver a aguia cobreira, a gatafornela ou a aguia real.

Roteiro a pé ou en bicicleta: Alto de Montederramo - Bidueiral

MELLOR ÉPOCA

De abril a setembro

DISTANCIA

13,4 Km

DURACIÓN

5 horas a pé, 2,5 horas en bicicleta

DIFICULTADE

Media

CONCELLOS

Maceda, Montederramo, Vilar de Barrio

PERCORRIDO

Alto de Montederramo - Bidueiral de Montederramo

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Puntos clave da ruta:

  1. Desde a entrada no bosque de bidueiros (1) internámonos na serra. Debemos estar atentos ás aves forestais como o peto real, a estreliña riscada ou o ferreiriño cristado.
  2. Nas zonas altas (2) podemos ver aguia real, gatafornela, lagarteiro común e aguia cobreira.

Roteiro a pé ou en bicicleta: Río Queiza - Edreira

MELLOR ÉPOCA

De abril a setembro

DISTANCIA

10 km, só ida

DURACIÓN

4 horas a pé, 1,5 horas en bicicleta (só ida)

DIFICULTADE

Media

CONCELLOS

Chandrexa de Queixa, Laza, Montederramo

PERCORRIDO

Río Queiza - Ferrería - Edreira

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Puntos clave da ruta:

  1. Ruta á esquerda do río Hedreira (1) na que podemos anotar aves forestais como ferreiriño rabilongo, gabeador común e azul, peto real ou tordo común.
  2. Nas áreas de monte baixo e rochas (2) podemos ver, entre outros, lagarteiro común, aguia cobreira, aguia real, gatafornela ou merlo rubio
As aves

As aves forestais, como o azor común ou o abelleiro europeo, e as especies típicas do mato, como a gatafornela, son aínda comúns na serra. Outras como a aguia real son máis escasas, pero aínda visibles en determinadas zonas.

Consellos e recursos
  • Estamos nunha zona de montaña, polo que non debemos emprender marchas a pé, especialmente ascensións, se non contamos cunha boa forma física e experiencia en terreos deste tipo. É importante consultar sempre a previsión meteorolóxica.

  • As estradas son estreitas e sinuosas, polo que requiren unha condución moi atenta. No outono e no inverno as condicións poden ser perigosas ou incluso facer impracticables algúns tramos.

  • Os bosques e outros hábitats son delicados, non habemos saír nunca dos itinerarios e carreiros marcados.

  • Nas excursións é habitual encontrar gando, posto que é o medio de vida de moitas persoas. Non debemos molestalo e habemos dar prioridade ao seu tránsito.

Arriba